A Xunta prolonga a prohibición de queimas de restos agrícolas ou forestais

Malia que hoxe remata a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia, mantense dita prohibición debido ás actuais condicións meteorolóxicas

A Xunta prolonga a prohibición de queimas de restos agrícolas ou forestais

Queimas de restos agrícolas

A Consellería do Medio Rural e do Mar prolonga ata novo aviso a prohibición de queimas de restos agrícolas e restos forestais amoreados. Malia que hoxe remata a época de perigo alto de incendios forestais na Comunidade -tal e como establece o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia-, mantense dita prohibición debido ás actuais condicións meteorolóxicas. Autorizaranse de novo as queimas cando a Consellería o estime oportuno e vexa que non hai perigo en función da climatoloxía.

Malia que, de acordo co artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, hoxe remata oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais na Comunidade Autónoma, a Xunta mantén o seu compromiso no repregue progresivo dos medios e persoal de loita contra os lumes, tal e como xa aconteceu co inicio da campaña, onde o despregue foi tamén gradual. Este plantexamento garante, segundo Medio Rural, “que o noso territorio estea cuberto ao longo do mes de outubro polo servizo -máis aló da época establecida por lei- e poida dar resposta ante eventuais lumes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información