A Xunta presenta un plan de acción global contra os danos da fauna silvestre

Destina 600.000 euros para ayudas por danos provocados polo xabarín ou o lobo e 400.000 euros para medidas de prevención, como compra de pastores eléctricos ou contratación de seguros agrarios. A convocatoria das liñas de axudas publicarase este mes no Diario Oficial de Galicia

A Xunta presenta un plan de acción global contra os danos da fauna silvestre

Prado estragado polo xabarín

O Consello da Xunta deu este xoves o visto e prace ao Plan de acción global contra os danos ocasionados polo xabaril, presentado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio tras meses de reunións dun grupo de traballo mutidisciplinar no cal participaron as distintas administracións titulares das estradas (Ministerio de Fomento e Axencia Galega de Infraestruturas), a Dirección Xeral de Tráfico, a Garda Civil de Tráfico, a Federación Galega de Caza, e as consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente.

O plan aprobado este xoves articula medidas ao redor de catro eixes: accidentes de tráfico provocados por estes animais, danos á agricultura, xestión e aproveitamento da especie e labores de educación dos colectivos implicados.

No que se refire aos danos á agricultura, a Consellería de Medio Ambiente convocará, antes de rematar este mesmo mes, dúas liñas de axuda neste sentido que suman un millón de euros. A primeira delas está destinada a paliar os danos producidos sobre cultivos agrícolas, un total de 600.000 euros. A segunda, que disporá dun orzamento de 400.000 euros, ten como obxectivo previr os danos que poden causar as especies da fauna silvestre (en que se inclúen outras especies como o lobo, ou o oso pardo). Nesta última convocatoria incluiranse subvencións para a adquisición de pastores eléctricos. As axudas repartiranse do seguinte xeito: 250.000 para previr os danos do xabarín e 150.000 para os doutras especies. Tamén está previsto o fomento da contratación das liñas de seguros agrarios, incrementando a porcentaxe da axuda outorgada pola comunidade autónoma para a contratación destes servizos.

En canto ao segundo dos eixes, o documento establece que se definirán, tras un traballo de análise rigorosa, as zonas onde se concentran os accidentes provocados por estes animais (ZCAA). Logo de telas identificado, implementarase unha segunda fase destinada á executar medidas correctoras. Así, por exemplo, instalarase a sinalización necesaria para informar os condutores do perigo nestes treitos. Ademais, prévese a execución de pasos de fauna nas estradas de nova construción ou a rexeneración do terreo natural da especie. Cabe destacar que tamén se prevé a posibilidade de incorporar á aplicación para dispositivos móbiles da DXT a identificación destas ZCAA, o que permitirá transmitir información en tempo real do estado destas zonas.

Evitar que os espazos naturais protexidos se convirtan en refuxios para o xabarín

O terceiro eixe, referido á xestión e aproveitamento da especie, contén medidas dirixidas á análise de períodos hábiles de caza do xabaril, fomento de campañas fronte ao furtivismo e mellora da xestión da especie dentro de espazos naturais protexidos, para evitar que estas zonas se convertan en refuxios para o xabaril.

Por último, a cuarta liña de actuación centrarase na educación e na formación. Entre outras iniciativas, difundirase e manterase actualizada a información dispoñible, dando traslado aos diferentes colectivos afectados das medidas postas en marcha a través de dípticos informativos. Tamén se traballará da man do sector cinexético na mellora da organización das accións colectivas de caza, para buscar unha planificación adecuada das batidas no sentido de dirixir os animais cara ás zonas máis afastadas das vías de alta capacidade durante o transcurso destas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información