A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas á formación e divulgación da industria forestal

Agardan realizar 136 actuación e convocar a 1.500 profesionais do sector forestal nesta edición do programa

A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas á formación e divulgación da industria forestal

O programa financiará actividades de formación e divulgación do sector forestal. // Foto de arquivo.

A Xunta lanza unha nova convocatoria do programa de axudas á formación e divulgación da industria forestal. Esta nova edición dá continuidade ás iniciativas levadas a cabo o ano pasado. O anuncio realizouno este xoves o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa celebrada tralo Consello da Xunta.

Con este programa de axudas agardan convocar a 1.500 profesionais, realizar 136 actuacións e alcanzar a 15 organizacións do sector. “O obxectivo destas axudas é incrementar a capacitación dos traballadores e dar a coñecer a importancia da industria forestal”, explicou Feijóo.

Financiaranse dous tipos de actividades: actividades formativas non regradas, sempre que se acredite unha asistencia mínima de 10 persoas e cando o 70% do alumnado asista ao 80% da duración; e actividades divulgativas, nas que se constate unha asistencia mínima de 20 persoas.

Outras axudas para o sector forestal

Á marxe deste programa de axudas, o titular do Goberno galego anunciou que esta semana pechou o prazo para solicitar os apoios por 11,3 millóns de euros dirixidos a respaldar investimento en tecnoloxía, procesado e comercialización. Ademais, a vindeira semana abrirase o prazo para solicitar as axudas de valorización e innovación por 2 millóns de euros. “En total estamos falando de máis de 13,2 millóns de euros para a industria forestal”, concluíu Feijóo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información