A Xunta inicia este mes os cursos para sacar o carné de fitosanitarios

Medio Rural porá en marcha unha plataforma online para a renovación do permiso e sinala que as entidades colaboradoras implantarán outras dúas webs para facer online a parte non presencial dos cursos

Publicidade
Publicidade
A Xunta inicia este mes os cursos para sacar o carné de fitosanitarios

O carné é preciso para a compra e aplicación de produtos profesionais.

As dificultades existentes para a obtención en Galicia do carné de manipulador de produtos fitosanitarios chegaron ó Parlamento, onde se debatiu o problema na comisión de Agricultura. O carné é imprescindible desde o pasado 25 de novembro para a compra e aplicación de produtos fitosanitarios profesionais, polo que agricultores e gandeiros deben sacalo á maior brevidade posible. “Dada a demanda existente e ó avanzado dos cultivos, vainos pillar o tren”, pronosticou o deputado socialista Pablo García. Medio Rural, pola súa parte, sostén que se está a atender toda a demanda.

O director xeral de Ordenación e Producción Forestal, Tomás Fernández Couto, incidiu na comisión de onte en que a Consellería ten plans para cubrir todas as peticións de cursos. “Para o 2016 triplicamos a partida económica que destinamos ós cursos de fitosanitarios que impartimos cos medios propios. Este mes faranse os primeiros 20 -avanzou-, cun total de 600 prazas. Tamén publicaremos unha orde de axudas por importe de 400.000 euros para financiar cursos das entidades colaboradoras. Ninguén vai ter que ir a outra comunidade autónoma sacar ó carné de fitosanitarios”, valorou Fernández Couto en relación ós problemas que se rexistran os últimos meses.

“Ninguén vai ter que ir a outra comunidade a sacar o carné de fitosanitarios”

Medio Rural tamén ten prevista a inmediata posta en marcha dunha plataforma para posibilitar a renovación dos carnés antiguos e proxecta utilizala nun futuro para impartir a parte non presencial dos cursos de obtención do carné. O director xeral de Producción Forestal anunciou ademais que hai dúas entidades colaboradoras que implantarán en breve as súas propias plataformas para facilitar formación online.

Carnés en Galicia
Na actualidade, hai expedidos en Galicia 63.252 carnés de aplicación de fitosanitarios, dos que 7.359 se concederon no 2015 a través dun total de 392 cursos de formación. Fernández Couto asegurou que nos cursos ofertados o pasado ano pola Administración non se cubrira a demanda, unha circunstancia que Pablo García (PsdeG) atribuiu á mala planificación dos mesmos. “Fanse nos centros de formación agraria da Xunta en horario de mañá e tarde durante unha semana. Ninguén ten esa dispoñibilidade de desprazamentos e de horas para facer o curso” -cuestionou.- “A solución ten que vir polas entidades colaboradoras, que tódolos anos viñan solicitando máis cursos dos que se lles concedían”, defendeu.

Una idea sobre “A Xunta inicia este mes os cursos para sacar o carné de fitosanitarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información