A Xunta estuda as denuncias sobre a planta de Clea en Rábade

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aínda non decidiu se procede ou non a incoación dun expediente de reposición da legalidade

A Xunta estuda as denuncias sobre a planta de Clea en Rábade

Planta de Clea en Rábade.

O caso das instalacións da industria láctea Clea en Rábade está sobre a mesa da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A Axencia confirma que recibiu as denuncias urbanísticas que hai contra a planta e sinala que está a estudalas, como no resto de casos, para valorar se procede ou non a incoación dun expediente de reposición da legalidade urbanística.

As denuncias que pesan sobre a industria levaron a que en setembro pasado o Concello de Rábade emitise un decreto polo que ordenaba a “inmediata paralización da actividade” de Clea. O goberno local precisaba daquela que a instalación non contaba coa “preceptiva licenza de actividade e/ou de obras”, polo que acordaba tamén trasladar o expediente do caso á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A situación urbanística da planta enguedéllase máis pola recente anulación do Plan Xeral de Rábade, un panorama que xera incertidume. Desde Clea sinalaron semanas atrás que confían en consolidar a situación urbanística da planta e lembran tamén o destacado papel que xoga a industria no procesado de leite, cun movemento de arredor de 700.000 litros diarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información