A Xunta convoca as axudas para o sector apícola

A Consellería do Medio Rural destina 445.000 euros en axudas para mellorar a produción e comercialización de produtos apícolas. O prazo para solicitar as axudas remata o 4 de xaneiro

Publicidade
A Xunta convoca as axudas para o sector apícola

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151203/AnuncioG0426-261115-0001_gl.html

Prazo: Ata 04/01/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura para o ano 2016.

O orzamento incrementouse este ano nun 11% con respecto ao exercicio anterior, cun importe total de 445.896 euros. Esta contía está cofinanciada nun 50% polo FEAGA da Unión Europea, nun 25% polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 25% pola Consellería do Medio Rural.

Os posibles beneficiarios destas axudas son os titulares de explotacións apícolas ou cooperativas dedicadas a esta actividade, organizacións representativas e asociacións de apicultores inscritos no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015.

Os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de responsabilidade civil, ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, ter realizada a declaración censal anual referida ao ano 2015 e realizar polo menos un tratamento ao ano fronte a enfermidade da varroase.

O prazo para solicitar as axudas remata o 4 de xaneiro

Entre os gastos subvencionables figuran actuacións como a asistencia técnica aos apicultores en materias relacionadas coa produción e comercialización dos produtos da apicultura, a sanidade apícola e as actuacións de vixilancia e control da vespa velutina. Tamén será subvencionable a loita contra a varroase ou a racionalización da trashumancia.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *