A Xunta convoca as axudas para a contratación de seguros agrarios en 2016

O DOG publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e se convocan para o ano 2016. A Xunta destinará 4,7 millóns de euros a estas axudas

Publicidade
A Xunta convoca as axudas para a contratación de seguros agrarios en 2016

Vacas da Gandería Quintián, no Corgo (Lugo)

Administración convocante:

Enlace axuda:

Prazo:

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2016. Agárdase que se poidan beneficiar destas achegas máis de 25.000 agricultores e gandeiros. A Consellería do Medio Rural destinará un total de 4.750.000 euros a estas axudas.

Por medio desta orde desenvólvese o previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen para Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. A súa finalidade é conseguir que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento para facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións, como consecuencia da actuación de axentes alleos tales como o clima, enfermidades e outros, sendo un dos instrumentos máis eficaces da política de rendas.

Deste xeito, a Xunta participa nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no plan anual estatal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, co fin de fomentar a contratación deste tipo de seguros. Este plan para o exercicio 2016 foi aprobado por acordo do Consello de Ministros  do pasado día 11 de decembro de 2015.

A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Competitividade e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de acordo coa establecido na normativa vixente.

A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou colectiva por medio de tomadores de seguros, pero só aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación se establezan.

As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro e a subvención sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *