A Xunta aposta por superar os 10,9 millóns de metros cúbicos anuais de corta de madeira

O conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participaron en Lugo na clausura da asemblea xeral de Lugo Madera

A Xunta aposta por superar os 10,9 millóns de metros cúbicos anuais de corta de madeira

A Xunta márcase como obxectivo de futuro para o sector forestal galego superar este ano os 10,9 millóns de metros cúbicos de corta de madeira industrial na comunidade, superando os 10 millóns deste pasado 2021. Isto, mediante un crecemento superior ao 7% nas transferencias aos propietarios de montes, incrementando a facturación da cadea monte-industria nun 8%, ata acadar os 2.700 millóns de euros anuais, e chegando aos 25.000 postos de traballo. Así o trasladou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa intervención na clausura da asemblea xeral de Lugo Madera.

Neste acto, o titular de Medio Rural sinalou ademais que o Goberno galego continuará avanzando no marco legal deste eido produtivo, mediante iniciativas como a Lei de recuperación da terra agraria -que contempla tanto os usos agrícola e gandeiro como forestal-, dando pulo ás agrupacións forestais de xestión conxunta e continuando coa aposta polos polígonos forestais.

Neste contexto, González indicou tamén que se segue a traballar na diversificación do monte galego, a través dos plans estratéxicos do castiñeiro e do piñeiro, que -destacou- “consolidan esta diversificación cunha aposta pública importantísima”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información