A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomentará o consumo de produtos de razas autóctonas co programa de degustacións “Un gusto de rural, un rural degusto”

vicepresidencia lugo razas autoctonasA área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo valorizará as carnes e produtos derivados de razas autóctonas co programa Un gusto de rural, un rural degusto, que promoverá degustacións en feiras de gando e outros mercados e feiras tradicionais.

A iniciativa, que contará coa participación das asociacións Puraga, Asoporcel e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia Boaga, amosará as calidades gastronómicas de carnes de vacún de razas Morenas do Noroeste, de galiña de Mos, de poldro de Pura Raza Galega e de porco celta con diferentes receitas, desde as propostas máis tradicionais ata elaboracións innovadoras.

O deputado de Rural Daniel García e representantes das entidades agrogandeiras presentaron este mediodía a imaxe e os elementos promocionais que se empregarán nas degustacións, que se elaborarán, preferentemente, con materia prima de gandeiras e gandeiros locais.

O responsabel provincial explicou que “o programa dá un novo impulso á colaboración que mantivos ao longo destes anos coas asociacións agrogandeiras nos últimos anos para fomentar o consumo de produtos de razas autóconas e abrir novas canles de comercialización que contribúan a xenerar rendas para as gandeiras e gandeiros”.

Daniel García subliñou “a importancia de coidar a imaxe e a loxística das degustacións para transmitir ás persoas consumidoras a calidade excelente dos produtos e poñer en valor o traballo dos gandeiros e gandeiras que se comprometen coa recuperación e conservación das razas autóctonas, en producións sostibles que contribúen ao mantemento do territorio e á fixación de poboación no rural”.

Neste sentido, o deputado remarcou “a necesidade de seguir insistindo en transmitir unha mensaxe positiva e actualizada en relación coas oportunidades e coa calidade do traballo que se fai no rural, como facemos con outros programas como Da Escola á Granxa no que tamén as pícaras e pícaros dos colexios teñen a oportunidade de degustar os produtos elaborados na propia granxa ao remate da actividade formativa”

As primeiras degustacións previstas no marco do programa son o domingo 2 de marzo na Feira de Gando de San Rosendo, en San Miguel de Reinante con Puraga, e na Feira do Caldo de Osos de Taboada con Asoporcel, e o martes 4 de marzo no Antroido de Val de Francos, con Boaga e Asoporcel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información