A USC e Feiraco estudan a pegada de carbono dos alimentos

O proxecto, no que participan outras 5 universidades europeas, aborda tamén o problema do desperdicio de alimentos

A USC e Feiraco estudan a pegada de carbono dos alimentos

Sede central de Feiraco en Ponte Maceira (Negreira, A Coruña). / Imaxe: Feiraco.

Seis universidades europeas, entre elas a Universidade de Santiago (USC), e a sociedade cooperativa Feiraco participan nun proxecto agroalimentario europeo que pescuda en ferramentas para medir a pegada de carbono dos alimentos. O proxecto Erasmus + Q Safe, que inicia as súas actividades en marzo e concluirá no 2017, tamén abordará o problema do desperdicio alimentario.

O estudo da pegada de carbono é un dos retos que está enfrontando a cadea agroalimentaria nos últimos anos e prevese un aumento deste tipo de análises. En países como Gran Bretaña xa hai marcas do sector e cadeas de supermercados que etiquetan parte dos seus produtos con indicación da pegada de carbono dos alimentos, de xeito que os consumidores poidan coñecer o impacto da súa produción e transporte na emisión de gases favorecedores do cambio climático.

 A Universidade de Santiago, unha das socias do proxecto, valora que cada vez son máis necesarios os modelos de predición e avaliación de riscos aplicados á calidade e seguridade alimentaria en todo o mundo. Nunha nota de prensa sobre o proxecto, a USC recordou tamén que a produción alimentaria ten un impacto medioambiental significativo tanto en termos de emisións de carbono como en desperdicio de alimentos, algo que se pode evitar a través da Avaliación do Ciclo de Vida ( LCA).
 
Para profundar nestes modelos xurdiu o proxecto Erasmus+ Q-Safe (Quantitative tools for sustainable food and energy in the food chain) no que participa a USC xunto coas Universidades de Malta, Birmingham (Reino Unido), Aristóteles de Tesalónica (Grecia), Católica de Lovaina (Bélxica), o University College de Dublín ( Irlanda), o Colexio Nacional Atlántico de Medicina Veterinaria, Ciencias dos Alimentos e Enxeñaría de Nantes (Francia ) e a Sociedade Cooperativa Galega Feiraco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información