A UE produce un 2,8 % máis de leite no primeiro cuatrimestre da campaña

Os prezos dos produtos lácteos industriais experimentan leves repuntes nas últimas semanas

A UE produce un 2,8 % máis de leite no primeiro cuatrimestre da campaña

A produción medrou en 19 dos 28 países da UE.

O primeiro cuatrimestre da campaña (abril – xullo) pechouse na UE cun aumento medio da produción de leite dun 2,8%. Dos 28 países da UE, en 19 producíronse aumentos da produción, destacando o caso de Irlanda, con máis dun 12 % de crecemento. En España, o aumento foi do 4,1 %, segundo os datos do Observatorio Lácteo Europeo.

Ese crecemento trasladouse nunha maior produción de manteiga e leite en po, produtos que acumulan un semestre de tendencia á baixa dos prezos. Con todo, nas últimas semanas tanto o leite en po como a manteiga experimentaron leves repuntes dos prezos a nivel da UE e dos mercados internacionais.

As últimas tres subastas do Global Dairy Trade, a plataforma impulsada pola neozelandesa Fonterra, remataron con subas dos prezos medios nos produtos lácteos industriais tras cinco meses de baixadas continuas.

Desde o Panel Económico do Obsevatorio Lácteo Europeo, que recentemente celebrou unha reunión, valórase que quizais o peor da crise teña pasado, se ben tamén se advirte de que os leves signos de mellora de mercado son aínda insuficientes para falar dunha tendencia positiva nos próximos meses. En canto ó prezo medio do leite cobrado polos gandeiros europeos, hai quen pensa que pode haber aínda máis recortes e quen opina que a tendencia é á estabilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información