Os Estados membros da UE veñen de apoiar a medida proposta pola Comisión de pechar as axudas ao almacenamento privado de carne de porcino, posta en marcha o pasado 9 de marzo de 2015.
O peche das axudas é froito dunha estabilización dos prezos de mercado da carne de porco e da redución nos volumes semanais solicitados. Baixo estas circunstancias, a Comisión considera que xa non se xustifica manter esta intervención no mercado.
Durante as últimas 7 semanas, solicitáronse axudas para unhas 65.000 toneladas de carne de porco. Dinamarca foi o estado membro cun maior volume (15.251 tn, 24%), seguido de España con 13.716 tn (un 21,6% do total), Alemaña con 7.952 tn (12,5%), Polonia con 7.647 tn (12%), Italia con 5.425 tn (8,5%), Holanda con 3.668 tn (5,8%) e Francia con 2.851 tn (5,8%).