A renovación dos carnés de fitosanitarios será cando venzan e non de forma automática en 2016

O Consello de Ministros modifica a norma sobre uso sustentable dos produtos fitosanitarios. Evita a renovación automática de todos os carnés de usuarios profesionais de praguicidas, prevista para 2016, de forma que manterán a súa validez ata que venza a súa vixencia

Publicidade
Publicidade
A renovación dos carnés de fitosanitarios será cando venzan e non de forma automática en 2016

O Consello de Ministros aprobou hoxe, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, un Real Decreto que modifica a normativa vixente sobre o uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

Mediante esta modificación permítese que os carnés  expedidos, en base á Orde ministerial de 1994, sobre homologación de cursos de capacitación para a realización de tratamentos de praguicidas, poidan manter a súa validez ata a data de caducidade dos mesmos.

Evítase así a renovación automática de todos os carnés de usuarios profesionais de praguicidas, prevista para 2016, para permitir que se renoven unha vez vencese a súa vixencia.

O Real Decreto aprobado hoxe tamén modifica a norma sobre programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais, para ampliar o período de vacinación de femias, en determinadas áreas ou explotacións contra a brucelose bovina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información