A remuda xeracional no agro galego, a debate o próximo xoves en Santiago

Publicidade
A remuda xeracional no agro galego, a debate o próximo xoves en Santiago

Participantes na pasada edición da Reunión Casal de Armán, celebrada en Ribadavia.

Data inicio: 27/06/2024
Data fin: 27/06/2024
Lugar: Pazo de Amarante, sede do Consello Económico E Social De Galicia Ces, Rúa da Algalia de Abaixo, Santiago de Compostela, España

A remuda xeracional no sector agrario galego será o tema central da VIII Reunión Casal de Armán organizada polo Foro Económico de Galicia. A xuntanza celebrarase o vindeiro xoves, día 27 de xuño, no Consello Económico e Social (CES) en Santiago de Compostela.

Na xornada expertos de distintos ámbitos analizarán os retos e oportunidades que se presentan para a incorporación de mozos ó agro galego. Ademais, tamén se coñecerán as experiencias de produtores que se incorporaron á actividade agrogandeira. 

O encontro será inaugurado por Emilio Pérez Nieto, presidente do Foro Económico, así como polo director desta entidade, Santiago Lago Peñas. A continuación abordarase a situación actual e as perspectivas sobre a remuda no agro de man dos expertos da Universidade de Compostela Francisco Ónega e Edelmiro López, que se encargan tamén da coordinación da xornada.

Ás 10.30 horas será quenda para analizar as vías para a remuda xeracional no sector e os mecanismos de apoio das políticas públicas. A xornalista María Cedrón presentará a mesa redonda na que participarán Juan M. Martínez Barral, subdirector xeral de Planificiación e Extensión Agraria da Consellería de Medio Rural e Nicasio Mejuto Martí, subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería de Medio Rural.

Trala pausa do café, ás 12.00 horas retomarase a sesión abordando os condicionantes e elementos chave para a remuda xeracional. A mesa estará presentada polo xornalista e director deste xornal agrario David González e participarán José Manuel Andrade, da Fundación Juana de Vega; Rocío Toxo Asorei, da Universidade de Santiago de Compostela; Luis García, da Escola de Formación Agraria (EFA) Fonteboa; Nieves Pérez, do proxecto Terractiva e Ignacio Pérez Cid, de Abanca.

Xa pola tarde, coñeceranse experiencias recentes de remuda en explotacións agrarias. A mesa estará presentada polo xornalista da TVG Andrés Pavón e participarán os produtores Antón Chaín Murado, Tania Rancaño Arruñada, Marcos Nogueiras Rodríguez, Yolanda Gómez Rodríguez e Ignacio Bellas Castro.

Programa_VIII Casal de Arman 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información