Quescrem, a empresa lucense de queixo crema, amplía a súa presenza no retail galego ao incorporar dous novos produtos aos hipermercados e supermercados de Eroski en Galicia; Olivas e Allo & Finas Herbas.
Quescrem Olivas elabórase cunha selección de olivas Manzanilla españolas e ofrece un sabor intenso e equilibrado. Este queixo crema non contén sabores nin aromas artificiais e destaca polo seu cremosidade, o que o fai ideal para entrantes, canapés e receitas tanto frías como quentes.
Por outra banda, Quescrem Allo & Finas Herbas caracterízase polos seus ingredientes naturais e o seu sabor diferenciador e sen aromas artificiais para elaboracións tanto frías como cociñadas
Estes lanzamentos reforzan a presenza de Quescrem no mercado galego, ofrecendo produtos de valor engadido elaborados con materias primas de proximidade. A incorporación destes produtos nos estantes de Eroski Galicia permite aos consumidores gozar de novas opcións deliciosas e versátiles para os seus pratos.
Sobre Quescrem
Quescrem é unha innovadora empresa láctea galega, especializada en queixo crema, mascarpone e outros produtos de alto valor engadido que se comercializan en 45 países. Foi a primeira empresa en España en elaborar queixo mascarpone.
Naceu hai 16 anos como unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, xera emprego no rural lucense a máis dun centenar de persoas e crea impactos positivos en canto á sustentabilidade ambiental e a fixación de riqueza no rural.