A propiedade da terra e a acción pública, a debate este xoves en Lugo

Publicidade
A propiedade da terra e a acción pública, a debate este xoves en Lugo
Data inicio: 05/05/2016
Data fin: 05/05/2016
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España

O Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Luis Villares Naveira, ofrecerá este xoves, 5 de maio,  a conferencia “O territorio: de quen e para quen?”, que se impartirá no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo a partires das 17:30 horas.

Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro das accións formativas do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (masterra) da USC, coordinado polo Profesor David Miranda Barrós, director do Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Está dirixida a estudantes, profesionais, responsables políticos e sindicais, asociacións e ONGs e público en xeral.

A conferencia reflexionará sobre o devir do territorio e a búsqueda do equilibrio entre a propiedade da terra en Galicia, onde hai máis de 1,5 millóns de propietarios, e a acción pública, a través da súa actividade regulatoria e de fomento. De como ese equilibrio ou ausencia do mesmo determina os aproveitamentos da terra, a xestión dos recursos naturais e, en última instancia, a súa sostibilidade. A entrada é libre e de balde.

Mesa redonda

A continuación da conferencia maxistral a cargo de Villares Naveira, haberá unha mesa redonda, na que participarán outros expertos na materia que, ademais, ocupan cargos de responsabilidade na Administración ou en organizacións vencelladas á xestión territorial. Son os seguintes:

-Miguel Ángel Pérez Dubois: enxeñeiro agrónomo especializado en Enxeñería Rural. Aprobou as oposicións a funcionario do Corpo Superior de Enxeñeiros Agrónomos do Estado en 1986. Un ano más tarde, foi funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia e entre 1990-1992 Inspector Ambiental da Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra. Xa en 2009  pasou a ser subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias e, na actualidade, ocupa o posto de director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

-Inés Santé Riveira: investigadora e científica, ademais de doutora en Enxeñería Agrónoma pola USC e docente da área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría do departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Asemade, tamén é secretaria da comisión académica do programa de doutoramento en Xestión Sostible da Terra. Na actualidade, ocupa a dirección do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.

-Óscar Rivas López: presidente da Rede Galega de Custodia do Territorio. Esta organización sen ánimo de lucro pretende implicar á sociedade civil na conservación da natureza e a paisaxe, a través de acordos cos propietarios interesados na conservación dos seus terreos.

-Francisco Dans del Valle: enxeñeiro de Montes. É o presidente da Asociación Forestal de Galicia, creada en Santiago de Compostela. Trátase dunha organización privada sen ánimo de lucro que agrupa a propietarios forestais, particulares e comunidades de montes da Comunidades.

– Santiago Sousa Lema: Doutor Enxeñeiro Agrónomo, na actualidade é director da Área de Cultivos e Mecanización Agraria da Cooperativa Os Irmandiños, que aglutina a centos de agricultores das provincias de Lugo, A Coruña e o occidente asturiano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información