A poxa de Rubia Galega de Cervantes alcanza un prezo medio de 3600 euros por animal

poxa acruga cervantes 26 2A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) celebrou este sábado no concello lugués de Cervantes unha poxa de xovencas preñadas no marzo da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña.

O prezo medio conseguido alcanzou os 3.600 euros, 700 euros por riba do de saída. Unha gandeira, veterana e socia de Acruga, con explotación en Pedrafita do Cebreiro, fíxose coas tres reses que se poxaron en Cervantes. Adxudicáronse en 3.400, 3.100 e 4.300 euros, cantidades correspondentes ás tres xovencas, con idades entre os 21 e os 23 meses, e preñadas de entre 3 e 4 meses.

Estes exemplares foron seleccionados no centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, aínda que as súas expotaciones de orixe sitúanse en ganderías dos municipios de Vilalba e Lugo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información