A OPL pide unha mesa de negociación entre industrias, supermercados e gandeiros

A organización demanda a creación da figura dun mediador para resolver os problemas que se dan cos contratos lácteos

A OPL pide unha mesa de negociación entre industrias, supermercados e gandeiros

A OPL permanece á marxe das protestas iniciadas hai 13 días.

A Organización de Productores de Leche (OPL) vén de emitir unha nota de prensa para solicitar que o Goberno convoque unha mesa de negociación entre as cadeas de supermercados, industrias lácteas e gandeiros. A OPL, que optou por non mobilizarse durante a campaña electoral, pide que a Administración mova ficha para garantir que se lle trasladan ós gandeiros as subas do prezo do leite que houbo na distribución.

En canto ó acordo lácteo, a OPL estima que se rexistraron escasos avances e demanda a urxente publicación do decreto que permita coñecer os precios de cesión do leite entre industria e distribución. Tamén piden que se cree a figura dun mediador para solucionar as irregularidades que se están a detectar nos contratos lácteos.

De non lograrse avances, a Organización sinala que volverá mobilizarse, igual que fixo no pasado mes de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información