A ministra recibe a Marcha Blanca e asume as súas reivindicacións

En Francia os gandeiros levan os seus tractores ás rúas de París e o Goberno comprométese a cumprir os acordos

A ministra recibe a Marcha Blanca e asume as súas reivindicacións

Reunión da ministra coa Marcha Blanca

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, recibiu finalmente hoxe a unha representación dos gandeiros integrantes da “Marcha Branca” e a asumido as súas reivindicacións “como propias”.

Na reunión participaron, ademais da ministra, o secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Carlos Cabanas, o director xeral de Producións e Mercados Agrarios, Fernando Miranda, e o presidente nacional de Asaja, Pedro Barato.

A “Marcha Branca” -que comezou en León o pasado 24 de agosto impulsada dende as cooperativas de Castela e León co apoio deUrcacyl, as organizacións agrarias Unión de Campesiños UCCL,Asaja e a Organización nacional de Produtores Lácteos- chegou hoxe pasadas as 12:00 ás portas do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio.

Tejerina insistiu en que o Ministerio está a facer todo o posible” para buscar unha solución aos baixos prezos do leite en orixe cun acordo entre industria e distribución con medidas como os contratos obrigatorios e a transparencia nos prezos de cesión entre os membros da cadea alimentaria.

En canto ás medidas de carácter inmediato recordou que se está a traballar para apoiar os gandeiros que peor o están pasado con axudas adicionais que se detallarán nun real decreto que, avanzou, pode estar listo a finais deste mes.

Valoración dos representantes dos gandeiros

Por parte dos gandeiros, o presidente de Asaja Castela e León, Donaciano Dujo, destacou que “todas” as medidas adoptadas polo Goberno son “positivas e necesarias, pero non deron resultado”.

O coordinador estatal da Unión de Unións de Agricultores e Gandeiros, José Manuel de las Heras, declarou que as axudas directas por vaca leiteira anunciadas pola ministra “se agradecen, pero non son a solución”, que pasa, ao seu xuízo, por conseguir unha suba dos prezos en orixe.

O presidente da Organización de Produtores Lácteos (OPL), José María Álvarez, sinalou a industria e distribución como os “dous culpables” da crise, por ofrecer prezos baixos ao produtor e “vender o leite máis barato que a auga”.

En Francia os tractores chegan a París

En Francia os gandeiros tamén están a realizar un intenso calendario de mobilizacións para premer os ministros de agricultura da UE para que adopten na reunión do día 7 medidas efectivas para solucionar a crise de prezos do leite en orixe.

Neste sentido, onte xoves máis de 1.500 tractores e uns 4.500 agricultores manifestáronse pola rúas de París en demanda de solucións efectivas.

Os manifestantes foron recibidos polo primeiro ministro, Manuel Valls, e polo ministro de Agricultura, Stépane Le Foll, os que se comprometeron a manter a presión para que industria e distribución cumpran os compromisos de alza de prezos en orixe. “Todo o mundo debe respectar as regras de xogo, cunha xusta remuneración para cada parte”, asegurou o primeiro ministro.

Entre os novos compromisos anunciados onte polo Goberno de Francia están:

-Ampliación en 85 millóns de euros das axudas para a gandaría anunciadas o pasado 22 de xullo. En concreto, a dotación de fondos para o alixeiramento das débedas das explotacións dobrarase ata os 100 millóns. tamén duplícanse as bonificacións para as cotizacións á Seguridade Social.

-Prórroga dun ano dos créditos bancarios. Aprazamento dos anualidades dos créditos bancarios de 2015 para todos os gandeiros que o soliciten.

Axudas ao investimento. Apoio aos investimentos dos gandeiros cunha dotación de 350 millóns cada ano durante un período de tres anualidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información