A mellor Frisoa xenómica de España é galega

Campo 0383 Meridian ET, da gandería Campo de Lucín (Dumbría-A Coruña) logra o primeiro posto no Catálogo Mellores Femias Xenómicas maiores 18 meses de CONAFE. A segunda e terceira posición, tamén para ganderías galegas

A mellor Frisoa xenómica de España é galega

Concurso morfolóxico en Gandagro 2015

Campo 0383 Meridian ET, da gandería Campo de Lucín SC (Dumbría-A Coruña) acaba de clasificarse nas probas de CONAFE do mes de xaneiro como a mellor femia xenómica maior de 18 meses.

Este exemplar, nado en decembro do ano 2013, e que esta semana pariu por primeira vez, logrou un total de 4.506 puntos GICO. O seu pai é Sully Hart Meridian ET e a súa nai Bos Superstition Melodi ET. No seu pedigrí tamén destaca como primeira avoa Carters Comer Shot Melody EX90 e como terceira avoa Wesswood-Hc Rudy Missy-ET EX92 3E USA. Tamén é de destacar que o seu irmán materno é San Rian Melendi Doorman ET, número 6 dos 50 mellores touros xenómicos en España

Campo de Lucín SC, unha gandería que apostou por Embriovet & Embriomarket para a mellora xenética

Campo de Lucin SC é unha gandería de Dumbría, na provincia da Coruña, que realizou unha aposta decidida pola mellora da súa explotación a través da xenética. Nese sentido, realizou unha importante aposta por investir en embrións das familias máis destacadas, tendo en conta a vantaxe que supón a forte evolución da xenómica nos últimos anos.

Campo de Lucín SC leva este programa xenético co asesoramento da empresa galega Embriovet & Embriomarket. “Así, neste 2016, ademais de seguir investindo en embrións que se seleccionen co criterio de aproveitar a información xenómica para seguir mellorando, tamén esta gandería está a ver os froitos do esforzo e dedicación a este proxecto”, destaca Puri López Ramil, cofundadora de Embriovet & Embriomarket. “Campo 0383 Meridian ET é a proba de que ese é o camiño para lograr explotacións de vacún de leite máis competitivas”, conclúe.

Segundo e terceiro posto para outras dúas ganderías galegas: Casa de Baixo e Sat A Campa

Ademais, o segundo e terceiro posto do Catálogo Mellores Femias Xenómicas maiores 18 meses de CONAFE do mes de xaneiro corresponde a outras dúas vacas de ganderías galegas: Baixo Castro Sargeant Silly ET, de gandería Casa de Baixo (Sarria-Lugo) e Mad SEA 3 ET, de SAT A Campa (Curtis-A Coruña), outra gandería referente en Galicia en mellora xenética.

Baixo Castro Sargeant Silly ET, nacida no ano 2014, logrou un GICO de 4.354 puntos. O seu pai é Seagull-Bay Sargeant ET, mentres que a nai é DG JK Eder Silly.

En canto a Mad Sea 3 ET, nacida tamén en 2014, logrou un GICO de 4.214 puntos. O seu pai é De-Su Freddie Galaxy ET e nai Fly-Higher Snowman Marge ET.

Destacar tamén a quinta posición para Gayoso Brawler Olivia, unha vaca nada en 2014 na gandería Gayoso, en Prevesos – Castro de Reí (Lugo), e que logrou un GICO de 4.146 puntos. O seu pai é Gen-I-Beq Brawler ET, mentres que a nai é Gayoso End-Story Vanesa.

Casa Cochero e San Rián colocan xovencas entre as Mellores Tenreiras Xenómicas

Por último, destacar que no Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de CONAFE do mes de Xaneiro o segundo posto tamén correspondeu a unha xovenca galega: Cochero MacCutchen Carola ET, de Casa Cochero (Guitiriz-Lugo). A xovenca, nacida no 2015, logrou 4.303 puntos de GICO, con pai De-Su McCutchen 1174 ET e nai Cochero Mascalese Carlota ET.

Tamén a destacar o quinto posto neste ranking para San Rian Senda McCutchen, de San Rián SCG, de Brión, A Coruña. Logrou un GICO de 4.179 puntos, tendo tamén como pai a De-Su McCutchen 1174 ET e nai a San Rian Santa Gold Chip ET.

2 ideas sobre “A mellor Frisoa xenómica de España é galega

  1. Alejandro Fdez.

    Errata: Gayoso Brawler Olivia non ten nada que ver coa Granxa Gayoso-Castro da Deputación de Lugo senon que pertence á explotación Gayoso en Prevesos – Castro de Reí (Lugo).

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información