A marca Deleite, recuperada por un grupo de gandeiros, volve ós supermercados

Leite Noso, a sociedade constituida por unha trintena de explotacións para traballar coa marca, iniciou o suministro ós establecementos galegos do grupo Vegalsa-Eroski (Familia, Eroski, Cash Record, Aliprox) e de Carrefour, Alcampo e El Corte Inglés

A marca Deleite, recuperada por un grupo de gandeiros, volve ós supermercados

Deleite xa iniciou a recollida a finais de abril en granxas da Coruña e Lugo.

A marca Deleite volve esta semana ós lineais dos supermercados galegos. Leite Noso, a sociedade constituida por unha trintena de gandeiros galegos para recuperar a marca, iniciou a recollida e o envasado a finais de abril e esta semana ten previsto chegar progresivamente ás cadeas de supermercados coas que xa ten contratos pechados.

Deleite estará á venda nos establecementos galegos do grupo Vegalsa – Eroski (Familia, Eroski Center, Eroski City, Cash Record, Aliprox) e de Carrefour, Alcampo e El Corte Inglés. A marca sae ó mercado con briks dun litro de leite enteiro, semidesnatado e desnatado. Proximamente comercializará tamén as mesmas variedades sen lactosa.

A iniciativa arranca coincidindo coa maior crise de prezos que se lembra no sector lácteo. Leite Noso ten o compromiso de pagar no campo prezos xustos polo leite e manterá contratos estables coas súas explotacións proveedoras. Inicialmente, a sociedade está a adquirirlle a súa produción a gandeiros non socios das provincias de Lugo e da Coruña e prevé incorporar nos próximos meses a novas explotacións.

Por criterios de responsabilidade social, Leite Noso anuncia que a súa prioridade para novas incorporacións na recollida son os gandeiros que se están vendo obrigados a vender moi por debaixo dos custos de produción e que nin sequera teñen garantida a venda do seu leite.

Comercialización
As previsións sitúan as vendas de Deleite por riba dun millón de litros mensuais antes de rematar o ano. Leite Noso envasa a súa marca na antiga fábrica de Pascual en Outeiro de Rei (Lugo), na que asegura que traballa cos mesmos parámetros de calidade e de sabor que convertiron no seu día a Deleite na primeira marca de Galicia en vendas.

De cara ó futuro, Leite Noso prevé o lanzamento de novos productos coas marcas de Deleite e Muuu.

Entregas nos bancos de alimentos
Os primeiros actos públicos de Deleite consistirán na entrega de leite ós bancos de alimentos de Galicia. No marco da campaña ‘Ningún neno sen bigote’, organizada pola Caixa, fará entregas de leite os días 18, 19 e 20 de maio nos bancos de alimentos de Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

Una idea sobre “A marca Deleite, recuperada por un grupo de gandeiros, volve ós supermercados

  1. Javier Sánchez Patiño

    Felicidades por la iniciativa, sobre todo por las ideas de apoyo a lo ganaderos cuya explotación esta en apuros.
    No es fácil luchar contra las multinacionales. pero con tesón y buen criterio, vais aconseguir el apoyo, no solo de los otros ganaderos, también el de los consumidores.
    Por una buena causa, por una marca gallega, el equipo de Unisolda, os desea total éxito.
    una vez más felicidades por el proyecto y Adelante

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información