A innovación e a transición ecolóxica no sector da alimentación, a debate no VII Foro Galicia Alimentación do Clusaga

O encontro organizado por Clusaga terá lugar o próximo 29 de xuño na Cidade da Cultura e contará con tres relatorios e unha mesa redonda

A innovación e a transición ecolóxica no sector da alimentación serán dúas dos temas centrais do VII Foro Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). Para abordar estas temáticas en profundidade, a cita reunirá a expertos e profesionais dentro da industria que analizarán, debaterán e porán en común as súas reflexións e ideas acerca dos retos e o futuro do sector.

Para lograr un achegamento ao presente e ao futuro da industria, o evento ofrecerá tres relatorios e unha mesa redonda sobre estas cuestións: tendencias globais no ano 2022, a nanotecnoloxía e a súa aplicación no sector, as estratexias de futuro e a mercadotecnia de transformación social e, por último, os desafíos nunha contorna cambiante como o actual. Todas estas temáticas serán abordadas polos seguintes relatores: a Customer Success Manager de Innova Market Insights, Marta Delgado del Río; o Chair of the Research Office en International Iberian Nanotechnology Laboratory, Lorenzo Pastrana Castro; o presidente de AGR Food Mercadotecnia e AGR Transformación Social, Mateo Blay Berto; o director de Palafox Food & Wine, Jaime Palafox Gamir; o director de Entrepinares, José Manuel García-Bejines; a directora de Casa Grande de Xanceda; Cristina Fernández-Armesto; a directora de ODS Protein, Iría Varela Campo; e o director de Cafés Candeas, Ramón Alonso Castro.

O Foro preséntase, non só como unha oportunidade para escoitar as opinións de diferentes expertos, senón tamén como un punto de encontro único para crear sinerxías. Aquelas persoas que queiran asistir ao encontro poderán facelo inscribíndose a través do formulario que o Clúster habilitou na súa páxina web https://bit.ly/39mz7nx. O programa completo do Foro está dispoñible na páxina web https://www.galiciafoodforum.info/.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información