A Fruga pide que a Xunta coordine fusións orientadas a configurar un grupo lácteo galego

A organización agraria considera positivos os proxectos que están a liderar os gandeiros, pero considera preciso un plan estratéxico conxunto, que entende debe liderar a Administración autonómica

A Fruga pide que a Xunta coordine fusións orientadas a configurar un grupo lácteo galego

Elías Somoza, á esquerda, en rolda de prensa. / Arquivo.

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de pedir que a Xunta lidere un proxecto de fusións orientado a configurar un gran grupo lácteo galego. O coordinador da Fruga, Elías Somoza, deu hoxe unha rolda de prensa en Lugo na que valorou en positivo os proxectos que están a emprender os gandeiros para completar a cadea de comercialización do seu leite. Con todo, di botar en falta unha estratexia conxunta que favoreza a viabilidade das distintas iniciativas.

Entre os proxectos en marcha, Somoza mencionou o de Dairylac, impulsado polas cooperativas Icos e Codeira; o de Acolact (Clesa), no que participan unha decena de cooperativas; o plan de integración de Feiracos, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas; e a iniciativa da sociedade Leite Noso, envasadora de Deleite. A Fruga considera que todos estes proxectos son positivos, pois contribúen a xerar máis valor engadido para os gandeiros, pero considera preciso unha coordinación dos mesmos.

A Fruga avoga por unha fusión dos distintos procesos de comercialización baixo o paraugas dunha estratexia conxunta. Pide que a Xunta se implique en tal proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información