A Fruga cuestiona as fórmulas de pago por calidade no leite

A organización sinala que hai alomenos unha empresa que só paga a prima a partir do 3,30 % de proteína, en tanto outra non fai ningún pagamento adicional

A Fruga cuestiona as fórmulas de pago por calidade no leite

Xurxo Álvarez, secretario xeral de la Fruga.

A crise de baixos prezos que atravesa o sector lácteo empeora con algunhas das fórmulas de pagos por calidade que se están a ver no campo, segundo denuncia a Federación Rural Galega (Fruga). A organización asegura que hai alomenos unha empresa que só lle abona ó gandeiro unha prima adicional a partir do 3,30 % de proteína, en lugar do 3,20, como é habitual. Outra empresa nin sequera está a facer pagos por unha maior proteína, critica a Fruga en nota de prensa.

As industrias adoitan esixirlle ás explotacións lácteas un estándar de proteína do 3,20 %. Con menos proteína, aplícanse penalizacións nos pagos. Con máis, a partir do 3,21, abónase unha prima de calidade. A Fruga asegura que agora hai alomenos unha empresa que só liquida a prima a partir do 3,30 de proteína. “Esta práctica pode permitirlle aforrar ata medio millón de euros anuais”, calcula a organización agraria.

A Fruga demanda a actuación da Administración para erradicar estas prácticas e para velar por un prezo xusto para o leite, lonxe dos 17 céntimos por litro que están a cobrar algunhas explotacións a día de hoxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información