A FRUGA celebrará a súa cuarta Asemblea Nacional o 23 de novembro en Arzúa

xurxo álvarez fruga

Na reunión celebrada o pasado dia 29 de setembro a Xunta Directiva da Federación Rural Galega (FRUGA) acordou levar a cabo a cuarta Asemblea Nacional o próximo dia 23 de novembro, na vila coruñesa de Arzúa. No encontro, que terá lugar no Centro Multiusos Terra do Queixo, vanse abordar diferentes relatorios relacionados coa situación actual do medio rural baixo o lema “DEFENDEMOS A TERRA”

Dende a organización agraria sinalan que “sempre tivemos claro que o noso papel era actuar como unha asociación profesional do e para o rural galego. Tal como manifestábamos na Asemblea de constitución, a historia de Galicia dos últimos 50 anos, é a historia do abandono das actividade agrarias e a desfeita das poboacións do medio rural”.

Para a FRUGA, “nos últimos tempos a maiores das ameazas que xa veñen de lonxe, como poden ser o abandono do rural ou a aplicación dunha PAC que non dá resposta ás necesidades da nosa agricultura e do noso medio rural, acrecentan-se mais recentemente outras como pode ser a pretensión, por parte do goberno galego do PP, de implantar industrias que ameazan o futuro do noso rural e da actividade agropecuaria e do monte, como pode ser o “Proxecto Gama”, impulsado por Altri .”

A entidade que preside Xurxo Álvarez asegura que “vivimos en Galicia un monocultivo do eucalipto, e un continuo adelgazamento dos nosos sectores produtivos como o do leite ou do bovino de carne, por non falar da ameaza, que nestes días está de maior actualidade como son os incendios rurais, e a falta de resposta por parte do goberno galego da Xunta de Galicia.”.

Todos estes asuntos serán abordados nos debates dos relatorios que centraran a Asamblea partindo de que a agricultura ten de ser entendida como unha actividade esencial para a existencia da humanidade, xa que todos os seres humanos teñen dereito a ter cubertas as necesidades básicas alimentares, é decir a soberanía alimentaria. Unha soberanía, afirma a FRUGA, que non se pode asegurar se previamente non se garanten prezos xustos para o sector produtor que lle permitan ter unha vida digna.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información