A Fruga advirte de impagos en Lácteos Terra de Montes desde febreiro

A organización agraria incide en que hai granxas que non lle poden suministrar concentrado ós animais. Demanda actuacións por parte da Consellería do Medio Rural

A Fruga advirte de impagos en Lácteos Terra de Montes desde febreiro

A Fruga advirte de que hai gandeiros que non lle poden suministrar concentrado ós animais.

A Federación Rural Galega (Fruga) asegura que a empresa Lácteos Terra de Montes (A Estrada, Pontevedra) mantén impagos cos gandeiros da súa zona de recollida, en Tabeirós e na comarca de Santiago, nalgún caso desde o mes de febreiro. A empresa opera como primeiro compradora, intermediaria entre granxas e industrias transformadoras.

Desde a Fruga, o seu coordinador dos Sectores Gandeiros, Elías Somoza, sinala en nota de prensa que se ten posto en contacto en varias ocasións coa Consellería do Medio Rural para trasladarlle o problema, se ben -valora-, polo de agora os gandeiros non obtiveron solucións.

A organización agraria destaca que entre os impagos, hai casos de granxas que non cobran desde hai seis meses, o que lles obrigou a prescindir da compra de alimentación para os animais, abastecéndose só das forraxes que eles mesmos producen. “Hai granxas que non lle poden suministrar concentrado ás vacas. Non se poden permitir gastar nin un euro na compra de alimentación para os animais”, advirte Somoza.

Polo de agora, non foi posible obter a versión da empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información