Galiforest, o certame forestal organizado pola Feira Internacional de Galicia, incluirá este ano un ‘Job Day’ (Día do Emprego) forestal. A iniciativa consistirá na programación de reunións entre empresas do sector con previsións de contratación e demandantes de emprego que queiran optar ós postos ofertados.
As empresas interesadas en formar parte do ‘Job Day’ forestal, expositoras ou non en Galiforest, deberán contactar coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), organizadora da actividade xunto coa Feira Internacional de Galicia. Os postos ofertados difundiranse a través da red Eures e tamén na web da Agrupación. Cando se reciban as candidaturas, filtraranse e serán derivadas a cada empresa.
Durante o primeiro día de Galiforest, que se celebra do 30 de xuño ó 2 de xullo, as empresas e asociacións participantes poderán entrevistarse no Job Day Forestal cos candidatos que pensen que son máis idóneos para cubrir cada vacante ofertada. Para ese fin, contarán cun espazo reservado na feira.
Xornada informativa
O Job Day Forestal completarase cunha xornada informativa na que se abordará o emprego transfronteirizo entre Galicia e o norte de Portugal tanto no sector forestal coma nun sentido amplo. Celebrarase tamén o primeiro día de feira.