A feira FIMA pechou con máis de 220.000 visitantes

O Ministerio de Agricultura anunciou no certame a próxima convocatoria dun plan Pima de renovación de maquinaria agrícola

A feira de maquinaria agrícola FIMA, que se celebra en Zaragoza, pechou este fin de semana a súa 39 edición con máis de 227.000 visitantes, o que supón unha media diaria de 45.000 persoas. Participaron no certame 1.357 firmas expositoras, que ocuparon máis de 150.000 metros cadrados de superficie. Houbo tamén 154 misións comerciais procedentes de 37 países interesados na importación de maquinaria agrícola.

Na inauguración do certame, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, anunciou a próxima convocatoria dun plan Pima para fomentar a renovación da maquinaria agrícola. O Ministerio de Agricultura está ultimando o borrador do plan, que se dotará duns 5 millóns de euros e que facilitará tanto a adquisición de tractores como doutro tipo de maquinaria.

Tmc Cancela, unha das firmas galegas en Fima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información