A feira agroecolóxica NaturaLugo bota a andar con máis de 50 expositores e numerosos obradoiros

A feira agroecolóxica NaturaLugo bota a andar con máis de 50 expositores e numerosos obradoiros

Inauguracion de NaturaLugo

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez inauguraron este xoves a I Feira Agroecolóxica NaturaLugo, un evento co que o organismo provincial pon en valor a produción agroecolóxica da provincia. Esta feira, que se celebra en paralelo ao congreso internacional da SEAE, albergará, durante os días 22, 23 e 24, a máis de 50 expositores das catro provincias galegas, así como de Zamora, Toledo, Valencia e de Portugal.

López Izquierdo sinalou “aproveitando a asistencia de centos de persoas e expertos ao Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica organizamos NaturaLugo, unha feira que esperamos que perdure no tempo, debido ao potencial deste sector na nosa provincia”. A Deputada animou tamén aos veciños a participar nesta feira e a “coñecer a grande variedade de produtos ecolóxicos que se producen na provincia de Lugo”.

O organismo provincial ofrece, ademais, durante esta semana, 25 actividades e obradoiros nos que poderán participar de forma gratuíta máis de 800 persoas, apuntándose de forma gratuíta en www.deputacionlugo.gal.

Obradoiros

NaturaLugo terá lugar na planta baixa do Pazo de Feiras e Congresos mentres na primeira se celebrará o congreso de SEAE. Dentro da programación de actividades, deseñada para persoas de todas as idades, atópanse obradoiros de repostería vegana; rede de sementes; obradoiro de lá; contacontos para nenos; obradoiro de lá para nenos; obradoiro de relaxación; obradoiro de vermicompostaxe; teares; obradoiro de elaboración de queixo ecolóxico; obradoiro de cestería: obradoiro de elaboración de cervexa ecolóxica; obradoiro de fiado; obradoiro de cestería ou de conservas ecolóxicas, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información