A EFA Fonteboa organiza unha viaxe a Francia para coñecer o seu sector produtor de leite

A EFA Fonteboa organiza unha viaxe a Francia para coñecer o seu sector produtor de leite

Vacas nunha explotación francesa

A EFA Fonteboa organiza para o mes de abril unha viaxe técnico profesional a Francia para coñecer de primeira man como traballan e se organizan as explotacións de vacún de leite francesas.

O programa é o seguinte:

Saída: Venres 15 de abril ás 10,00 h

Sábado 16: Visita a Granja San José (Tamarite de la Litera – Huesca)

Domingo 17: Viaxe desde El Grado (Huesca) a La Guyonnière (La Vendée – Pays de La Loire), con
visitas guiadas ao santuario de Lourdes e a cidade de Pau (Pyrenées Atlantiques – Aquitaine)

Luns, Martes, Mércores e Xoves: Programa de traballo (ver obxetivos e contidos)

Regreso: Venres 22 de marzo ás 14,00 h.

Obxectivos:

Descubrir iniciativas sobre valorización da produción de leite para a mellora da eficiencia productiva no actual escenario sen cotas.

Analizar modelos de asociacionismo e de cooperación entre profesionais

Estudar os modelos de xestión de maquinaria: Cumas e empresas de servizos agrarios

Coñecer iniciativas de diversificación das producións como vía para a sustentabilidade da empresa

Intercambiar cos profesionais da rexión Pays de la Loire sobre os escenarios de produción no marco da PAC 2014-2020

Contidos:
Visitas técnicas e coloquios sobre os seguintes temas:

Iniciativas sobre valorización das producións agrarias: transformación en orixe, sistemas de venda alternativos…

Diversificación das producción na empresa agraria: leite, producións intensivas, producións tradicionais e locais, aproveitamento dos recursos xerados na explotación.

Integración das empresas agrarias en estructuras asociativas: Grupos de Estudo e Desenvolvemento Agrario, Grupos de Interese Económico, Cooperativas de aprovisionamentos e de comercialización
CUMAS (constitución, xestión, innovacións en maquinaria…)

As funcións da actividade agraria no medio rural: produción de alimentos, función ambiental, territorial e social

Escenarios para o sector agrario no marco da PAC

Xestión municipal e desenvolvemento local

Organiza: CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL – EFA FONTEBOA en colaboración có Centre de Formation et Promotion – Institut de Formación Superieur “MESLAY” www.meslay.org

Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa Tlf.: 981 733 051 Fax.: 981 734 097 fonteboa@efagalicia.org www.fonteboa.es Centre de Formation et Promotion Meslay
85600 La Guyonnière (France) Tlf.: 00 33 2-51488484

Importe:

Socios da Asociación EFA Fonteboa: 370 €

Non Socios: 395 €
(Inclúe: Viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación)

Inscripcións:
Ata o mércores 13 de abril de 2016

Ingresar o importe da viaxe en:
Abanca Oficina de Coristanco Nº Conta: ES91 2080 0071 20 3040001354 da Asociación EFA Fonteboa

Aspectos a ter en conta: levar dni e tarxeta sanitaria, cámara de fotos, libreta ou carpeta grande, block-libreta,pequena de peto a comida (picnic) do venres 15 vai por conta propia

Descarga aquí o programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información