A Deputación da Coruña convoca axudas para entidades do agro

O organismo provincial abre liñas de subvencións para investimentos e actividades. Van dirixidas a cooperativas, sociedades de transformación, montes veciñais e asociacións agrarias

Publicidade

Administración convocante: Deputación da Coruña

Enlace axuda: http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=25/11/2015

Prazo: Ata 15/01/2016

Resumo:

A Deputación da Coruña vén de abrir as liñas de subvencións dirixidas a entidades agrarias da provincia. O organismo provincial financiará investimentos e actividades de cooperativas, sociedades agrarias de transformación, montes veciñais e asociacións agrarias e forestais. O prazo de solicitude ábrese mañá xoves 26 de novembro e permanecerá aberto ata o 15 de xaneiro do 2016.

As axudas a investimentos van dirixidas a apoiar ás entidades agrarias en cuestións como infraestruturas, equipamentos e sistemas informáticos. Os importes das subvencións concedidas moveranse entre 600 e 30.000 euros.

En canto ó apoio a actividades, a Deputación subvencionará aspectos como programas de formación, a contratación de persoal técnico ou alugueres varios.

Tamén se publicaron as bases das axudas de promoción económica, dirixidas a entidades para subvencionar, entre outras cuestións, o apoio á comercialización de produtos do agro.

Máis información das axudas da Deputación
Liña de axudas para investimentos en entidades asociativas do agro.
Subvencións a actividades de entidades asociativas agrarias.
Axudas para promoción económica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información