A D.O. Valdeorras presenta a XXVI Feira do Viño, que se celebrará do 27 ao 30 de maio

Publicidade

FEIRA VALDEORRAS 25 2A edición número 26 da Feira do Viño de Valdeorras presentouse oficialmente esta mañá, en dependencias do Concello anfitrión, O Barco de Valdeorras. A un listado moi completo de actos para todos os públicos, únese este ano a Ruta dos Pinchos da XXVI Feira do Viño de Valdeorras, organizada en colaboración coa Asociación Empresarial Valdeorras, AEVA, e que “convierte a esta edición da Feira, na máis madrugadora de todas as que se teñen organizado”. Así o expresou o presidente da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, quen explicou que o pistoletazo de saída será o martes día 27 de maio.

Nesta actividade participarán establecementos do Barco e A Rúa, e se prolongará ata o venres día 30 de maio. Para o alcalde, Alfredo García, é unha “maneira de animar á xente de toda Valdeorras a participar, e de que sintamos ese fin de semana como a festa grande de todos, porque a Feira é de toda a comarca”.

Agradeceu o presidente da D.O. ao alcalde anfitrión, a posibilidade de poder celebrar a Feira un ano máis neste concello, algo do que o rexedor barquense dixo “sentirse orgulloso”, tanto de “apoiar a promoción dos viños de Valdeorras como de que esa promoción se faga no Barco”.

Este ano ademais, a valdeorresa quere ser unha “D.O. de cine” apoiando ao sétimo arte no evento máis destacado do ano como é a Feira do Viño. Así, o mesmo venres, ás 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco, terá lugar a reprodución da curtametraxe “Dragón Blanco”, dirixido por Rodrigo Marini, e premiado no Festival de Cine de Granada.

Pregón de Teresa Portela

O sábado día 31, a deportista olímpica Teresa Portela será a encargada de inaugurar oficialmente o comezo da Feira co seu pregón, acto que dará comezo ás 12:30 horas na Praza de Viloira. Tal e como explicou Marcos Prada, a pregoeira deste ano “é inspiración pura” e ademais, o é a través dun deporte “de gran tradición na comarca, como é o piragüismo”.

A primeira cata da Feira celebrarase ese mesmo día, ás 20:30 horas nos Xardíns da Casa Grande de Viloira, na que unha selección de viños amparados serán maridados con produtos de “Experiencias de Calidade de Galicia”. Esta actividade, para a que é necesario reservar praza, ten un prezo de 10 euros.

Ás 23:00 horas chegará o concerto do grupo “Dani Barreiro & Friends”, que interpretará unha selección de clásicos do pop e rock nacional e internacional.

Albóndegas, cata e showcooking

O domingo día 1 de maio, o recinto feiral abrirá as súas portas ás 12:30 horas para celebrar, media hora máis tarde, o I Concurso “A Mellor Albóndega de Valdeorras”, que terá lugar nos Xardíns da Casa Grande de Viloira. Trátase dunha novidade que a organización preparou para este ano que, como explicou o presidente, busca amosar a versatilidade dos viños, “demostrar que cos viños de Valdeorras pódense facer pratos maravillosos”.

A segunda cata da Feira terá lugar nese mesmos xardíns ás 20:00 horas, e nesta ocasión, os viños da D.O. serán maridados cunha selección de pinchos elaborados polo Bar Bajo Cinco do Barco. Para esta actividade, cuxo custe é de 10 euros, as prazas son limitadas.

Sen salir dos xardíns, e chegadas ás 21:00 horas, será o momento do comezo do showcooking, dirixido polo prestixiosos chef José Manuel Mallón, que acompañará os seus pratos cunha selección de viños da Denominación valdeorresa. A asistencia a esta actividade ten un prezo de 15 euros e as prazas son limitadas.

Un cuarto de hora máis tarde do comezo deste showcooking, procederase á entrega de Premios do I Concurso “A Mellor Albóndega de Valdeorras”.

Música e Tren Turístico

Lembremos que durante a celebración da Feira, haberá actividades para os máis pequenos e música en directo, de mans da Charanga Bicoia, encargada de amenizar a xornada do sábado, e a Charanga Tattoo, que se encargará de poñer a nota musical durante a xornada do domingo.

Un ano máis, a organización porá a disposición dos usuarios de maneira gratuita, o Tren Turístico “Valdeorras Expreso”, que realizará percorridos de ida e volta durante o horario de apertura da Feira. O itinerario do tren partirá do polideportivo municipal de Calabagueiros, facendo paradas no Hospital Comarcal Valdeorras, a Praza do Concello do Barco e a Praza de Viloira.

Reservas de praza

Para as reservas de praza para as catas e o showcooking, os interesados deberán chamar ao teléfono 651 123 308 ou escribir á dirección de correo electrónico: comunicacion@dovaldeorras.com.

Horarios do Recinto Feiral

Sábado

De 12:30 h a 14:30 h

De 20:00 h a 24:00 h

Domingo

De 12:30 h a 14:30 h

De 20:00 h a 23:00 h

Para a organización deste evento, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras contou coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, FEADER, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información