A D.O. Monterrei organiza un curso sobre o papel da madeira no viño

Publicidade
A D.O. Monterrei organiza un curso sobre o papel da madeira no viño

Cubas de madeira da adega Quinta da Muradella, na D.O. Monterrei

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei promove a acción formativa “O papel da madeira no mundo da viña e do viño”, co fin de mostrar aos asistentes nocións sobre o papel da madeira na viticultura e a enoloxía.

Este curso gratuíto está destinado a un máximo de 18 persoas, e terá lugar nas xornadas de:

– 30 de novembro: 1ª sesión (19.00 a 21.30 horas).
– 1 de decembro: 2ª sesión (19.00 a 21.30 horas).
– 2 de decembro: 3ª sesión (10:30 a 13:00 horas).

No mesmo presentaranse temas como: a viña e a adega como expresión da terra, a madeira na viticultura, tecnoloxía da madeira para usos vitivinícolas, crianza de viño en barrica, diferentes viños de barrica ou cata de viños, entre outros.

Esta acción formativa será impartida por Xosé Antonio Meixide, profesor do Centro de Formación e Experimientación Agroforestal de Guísamo, e Alberto Tobes, director técnico de experimentación e ensaio de Ribeira del Duero. Realizarase nas adegas: Alba Al-Bar S.L. (Daniel Fernández) na xornada do 30 de novembro, Franco Basalo S.L.U. (01 de decembro) e Crego e Monaguillo S.L. (02 de decembro).

Para poder asistir ao curso “O papel da madeira no mundo da viña e do viño” será necesario inscribirse previamente na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 Baixo. Verín // Tlf. 988 590 007 // Correo electrónico: info@domonterrei.com). A inscrición realizarase por rigorosa orde de entrada.

Sobre o D.O Monterrei

A de Monterrei é unha do cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 566 hectáreas de territorio nas que traballan 426 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información