A cotización da manteiga segue á alza en Europa e o prezo do leite prevese que peche xuño cunha lixeira suba

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta segunda semana de xullo dos produtos lácteos nos mercados internacionais. A destacar a suba manteiga, e a baixada do leite en po enteiro, mentres que o prezo do queixo permanece estable. As previsións da Comisión Europea é que o prezo medio en xuño na UE acade os 0,461 euros o litro, un 0,4% máis que en maio. O prezo do leite spot en Italia rematou mantense estable nos 0,55 euros o litro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de xullo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 644 €/100 kg, +1,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, -2,0 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 379 €/100 kg, -0,3 % ,,
-Queixo cheddar: 388 € /100 kg +0,01% nas últimas catro semanas

PREZOS LACTEOS UE 24 7 2

En canto ás cotizacións internacionais, a Unión Europea segue sendo máis competitiva que Estados Unidos e Nova Zelandia no prezo da manteiga, polo que aínda existe marxe para que continúe subindo, así como no leite en po desnatado e en queixo. Pola contra, o prezo do leite en po enteiro en Nova Zelandia é o máis competitivo a nivel internacional.

PREZOS LACTEOS INTERR 24 7 2

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información