A cooperativa Delagro roza os 200 millóns de euros en vendas en 2019

A cooperativa de segundo grao DELAGRO S. Coop. A. organizou o 8 de xullo a súa Asemblea xeral, na que se aprobaron por unanimidade todos os puntos do día. Os resultados de 2019 mostran un crecemento de 2,77 millóns de euros en vendas con respecto a 2018.

A cooperativa Delagro roza os 200 millóns de euros en vendas en 2019

Asemblea de DELAGRO

Este mércores, 8 de xullo, celebrouse en Vilalba a asemblea xeral da cooperativa de segundo grao Delagro, durante a que se constatou un incremento de 2,77 millóns de euros en vendas con respecto ao ano anterior, alcanzando así os 199.168.676 €  en 2019, a pesar do descenso en prezos de combustibles, materias primas e fertilizantes.

“Tivemos excedentes na conta de explotación superiores ao orzado. Este volume de negocio conseguiuse a pesar das condicións adversas do outono de 2019”, indicou Carlos Castro, director xeral de Delagro, acerca das cifras.

Destaca en canto a vendas o ERP (enterprise resource planning) DelagrOS, unha ferramenta de xestión de datos especializada para empresas e industrias agroalimentarias, que se implantou non só entre cooperativas asociadas a Delagro senón noutras entidades como Kaiku (País Vasco) ou SUCA (Andalucía).

En 2019 culminou o Plan Estratéxico 2017-2019 de Delagro, con gran parte dos fitos conseguidos, entre eles, un crecemento relevante en canto a acordos intercooperativos e a vendas a terceiros e unha cifra marca de investimento en formación tanto para persoal como para as cooperativas socias.

Por outra banda, Delagro logrou non só manter senón tamén ampliar o seu cadro de persoal de provedores nacionais e internacionais e traballou na implementación de melloras en procesos e infraestruturas na planta de produción de fertilizantes nas Pontes de García Rodríguez.

A dixitalización de Delagro permitiulle seguir ofrecendo o mesmo servizo durante a pandemia da COVID-19

Todos os puntos do día foron aprobados por unanimidade durante a asemblea, que transcorreu seguindo os protocolos de seguridade ante a COVID-19, en sintonía co esforzo que vén realizando a cooperativa desde o inicio da crise: “A vocación pola dixitalización e as ferramentas das que dispón Delagro permitiron ofrecer o mesmo servizo funcionando con teletraballo, a pesar de que o proceso se fixo con urxencia debido ás circunstancias, grazas á profesionalidade do departamento TIC e á versatilidade do ERP DelagrOS”, declarou Castro.

Aínda que tivo que ser posposta pola situación sanitaria, a asemblea estaba prevista para unha data anterior, polo cal o peche anual estaba realizado no principio do ano e a auditoría de contas, a cargo de KPMG, tamén se finalizou para poder presentar resultados en tempo e forma aos socios.

Na actualidade, Delagro desenvolveu e aprobou o Plan Estratéxico 2020-2021 e, ademais, co fin de aliñar criterios e axustarse ás demandas do sector, continúa potenciando mesas de traballo con persoal técnico e cos aparellos comerciais.

Delagro S. Coop. A.

Delagro S. Coop. A. (membro de Cooperativas Agro-alimentarias de España) é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xorde fai xa preto de 25 anos co obxectivo de converterse nun exemplo de integración cooperativa.

Hoxe integra a 23 socios (37 cooperativas) de Asturias, Cantabria e Galicia e colabora con cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castela -León e Portugal converténdose nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información