A consulta pública a nova norma de calidade do mel que mellora a información na súa etiqueta

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación abrirá o vindeiro luns 22 de xullo, até o próximo 9 de agosto, o procedemento de trámite de audiencia e información pública do proxecto de real decreto que modifica a norma de calidade do mel.

A nova norma obriga a indicar nos envases a listaxe de países de recolección do mel e a sinalar a porcentaxe que representa cada un deles nas mesturas no campo visual principal da etiqueta. Estes cambios suporán máis transparencia e información que fortalecerán o mercado nacional e favorecerá unha maior competitividade dos meles de orixe española fronte aos meles importados.

Tamén se elimina a variedade «mel filtrado», e establécese que, aquel mel á que se lle retirou unha parte importante do pole será considerada «mel para uso industrial» e non poderá comercializarse directamente ao consumidor final. O pole é unha compoñente clave do mel e proporciona un vínculo coa súa orixe botánica.

A tramitación deste real decreto está motivada pola modificación da directiva europea sobre o mel que impulsou España durante a súa Presidencia de quenda do Consello da Unión Europea (UE), no segundo semestre de 2023, para incorporar melloras en canto á etiquetaxe de orixe.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación conseguiu que a UE atendese a unha demanda do sector apícola, dos consumidores e das distintas administracións públicas que solicitaban maior protección para os meles europeos.

O trámite de audiencia está dispoñible nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información