A conselleira de Medio Rural reúnese cos fabricantes de pensos

No ano 2014 producíronse en Galicia máis de 2,9 millóns de toneladas de pensos compostos para a alimentación animal e a maioría tiveron como destino o vacún de leite

A conselleira de Medio Rural reúnese cos fabricantes de pensos

Ángeles Vázquez cos fabricantes de pensos

Os responsables da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) explicaron este xoves á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, as actividades deste colectivo e as iniciativas que levan a cabo para mellorar o control da seguridade dos alimentos. Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que está a manter a conselleira con todos os sectores representativos do rural galego.

Esta asociación controla a seguridade do 96% da fabricación de pensos na nosa Comunidade. A produción de 2014 ascendeu a 2,9 millóns de toneladas, das que a maior parte (un 37%) tiveron como destino o vacún de leite. Do resto, un 25% foi para o porcino, o 24% para avicultura e un 8% para vacún de carne.

Agafac agrupa a un total de 28 empresas, que contan con 34 fábricas repartidas por toda Galicia. Esta asociación xestiona o sistema Galicia alimentos seguros (gmp.Galis), unha ferramenta que se demostrou fundamental para o control das materias primas baseado en criterios de análises de perigos e puntos de control críticos.

Este sistema permite unha homologación conxunta e sectorial de proveedores e almacéns. Trátase dunha ferramenta eficiente e eficaz, que incorpora ademais un plan de alerta rápida como defensa ante posibles alertas alimentarias. Este colectivo celebrará proximamente o seu IV Congreso de Alimentación Animal, e con este motivo convidaron á conselleira a participar na súa clausura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información