A conselleira comprométese a manter o apoio ao Ciam e destaca o seu traballo polo sector

A conselleira comprométese a manter o apoio ao Ciam e destaca o seu traballo polo sector

A conselleira do Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez, mantivo este xoves un encontro con persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para facer balance dos proxectos desenvolvidos este ano.

Á reunión coa conselleira asistiron o director do CIAM, Manuel López Luaces, así como outros investigadores, que aproveitaron para facer chegar á conselleira as necesidades do laboratorio.

A titular desta Consellería valorou o labor que desenvolve este laboratorio de cara ao futuro do rural galego. “É un centro de referencia en todo o que ten que ver co I+D+i agrario, pero ademais as súas investigacións non se quedan no papel, xa que unha das súas preocupacións é trasladar á practica os seus avances”, declarou Ángeles Vázquez. Neste sentido, Ángeles Vázquez, ofreceu o compromiso da Consellería de manter o apoio ao centro, “como non podía ser doutro xeito, dada a importancia que ten para o noso rural”.

Neste sentido, cabe destacar que o traballo deste centro, desenvolvido en coordinación co Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), vertébrase en tres patas: a propia investigación agraria, a transferencia de coñecementos ao sector e a conservación dos recursos fitoxenéticos autóctonos de Galicia. Neste senso, son os encargados de elaborar e manter un banco de xermoplasma para recuperar variedades autóctonas de especies vexetais, multiplicalas e caracterizalas tales como millo, trigo, árbores de froita, produtos hortícolas, etc. No labor investigador inclúense todas as temáticas agrarias competencia desta Consellería como a produción, conservación e mellora xenética agrícola e gandeira, incluíndo o que ten que ver coa sanidade vexetal e animal.

A nivel nacional, o pasado ano desenvolvéronse ata 9 proxectos, ademais de obter dúas convocatorias públicas competitivas con outros centros de información e universidades. O centro está tamén presente en proxectos europeos como EuroDairy, sobre a eficiencia nas granxas leiteiras, ou WetWine sobre o mundo do viño, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información