A colleita 2015 da Denominación de Orixe Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Publicidade
A colleita 2015 da Denominación de Orixe Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei celebrou este martes a Cata de Cualificación da Colleita 2015. Nesta cata, celebrada na sede do propio Consello Regulador, participou unha representación das principais asociacións profesionais do sector, así como algúns dos membros do Panel Oficial da Denominación de Orixe Monterrei, que cualificaron como ?moi boa? a anada 2015 dos viños de Monterrei.

Unha representación proporcional de viños da D.O. Monterrei sometéronse ao xuízo do comité para valorar a presente colleita. Ditas mostras foron analizadas de cada un dos catadores, que realizaron unha valoración a cegas de todas elas, para manter así criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final para a presente colleita resultou da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de viños brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasládase a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

Integrantes do panel de cata

Un total de seis persoas conformaron o equipo que examinou os viños. Dous delas pertencen ao panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e os catro restantes á Asociación de Catadoras de Galicia “Gallaecia”, Asociación Galega de Catadores, Asociación Galega de Enólogos e A Emoción do Viños.

No panel de cata desta mañá participaron os seguintes expertos:

–  Luís Paadin (presidente da Asociación de Catadoras Gallaecia e autor da Guía de viños, Destilados e Adegas de Galicia).
– Constantino Igrexas (presidente da Asociación Galega de Catadores)
– Maribel Gómez (Asociación Galega de Enólogos).
– Marina García (A Emoción dos Viños).
–  Fernando Cabero (Panel Oficial do CRDO Monterrei).
– Begoña Gómez (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información