A asociación Terras de Compostela opta aos fondos Leader 2014-2020

A asociación Terras de Compostela opta aos fondos Leader 2014-2020

Reunión de Terras de Compostela

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, presidida polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, en colaboración co resto dos Concellos que conforman o seu ámbito de actuación (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra) está a preparar a candidatura para desenvolver o Programa Leader ata o ano 2020.

Terras de Compostela, da que son socios tanto as Administracións locais, como distintas entidades privadas dos 10 Concellos que conforman o territorio de actuación desta asociación, está a celebrar unha serie de reunións abertas, para definir a estratexia que en materia de desenvolvemento rural se vai a seguir nos vindeiros anos na comarca santiaguesa.

Nestas 10 reunións, que se celebrarán durante o mes de maio, os representantes de distintas asociación, empresas, cooperativas e demais entidades implicadas no desenvolvemento rural expoñerán as necesidades reais e cales deberían ser as prioridades para o territorio nos vindeiros anos.

Terras de Compostela xa foi beneficiaria do Programa Leader no período 2007-2013, no que se desenvolveron na comarca máis de 62 proxectos, cunha achega de fondos públicos de máis de 3.300.000 € e un investimento total de 12.200.000 €.

As reunións para deseñar e elaborar a estratexia de desenvolvemento local (EDL) comezaron o día 12 de maio en Boqueixón e rematarán o vindeiro 2 de xuño en Ames. A información completa do proceso atópase en www.terrasdecompostela.org

Calendario de Reunións:

TERRAS_COMPOSTELA_02

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información