A Asociación Gandeira da Rubia Galega do País celebra este sábado unha asemblea aberta

O encontro, que se dirixe a gandeiros de carne, será este sábado e abordará, entre outros temas, a necesidade dun técnico

A Asociación Gandeira da Rubia Galega do País celebra este sábado, 25 de xaneiro, ás 11:30 horas unha asemblea aberta para gandeiros de carne. O encontro terá lugar no Centro Cultural de Rodeiro (Pontevedra).

A orde do día tratará das axudas provinciais para a promoción e potenciación da Raza Rubia Galega do País. Tamén falarán da comercialización dos xatos cebados, pasteiros, Suprema… e da necesidade dun técnico. Finalmente, falarán de impulsar un acordo coa Deputación de Pontevedra para dispoñer dos servizos da Finca de Mouriscade, localizada en Lalín.

Para finalizar, haberá un xantar para o que é preciso chamar ao teléfono 638839778 (Alberto).

asemblea rodeiro rubia galega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información