A Asociación Forestal do Interior de Lugo lamenta a falta de apoio de BNG e PSdeG-PSOE para modificar a moratoria do eucalipto

Publicidade

eucaliptos prado estandarA Asociación Forestal do Interior de Lugo (AFIL) lamenta a falta de apoio de BNG e de PsdeG-PSOE para introducir as súas propostas na lei de acompañamento dos orzamentos de Galicia 2026 para modificar a moratoria do eucalipto mediante a “cuota do carballo”.

A “Cuota do Carballo”, aprobada na primeira asamblea de AFIL, fora presentada como enmenda a Lei de Acompañamento dos Orzamentos de Galicia para o ano 2026 co seguinte proposta de texto.

“Con carácter voluntario e para garantir a xestión forestal sostible, as agrupacións forestais, a creación de mosaicos fronte a lumes e conquerir a valorización das frondosas autóctonas, os propietarios poderan presentar un documento simple de xestión (art. 79 2 b) da Lei 7/2012, de montes de Galicia) equilibrado no cal poderán ter como máximo un 60% do xenero Eucalyptus, e o 40% restante distribuido entre coniferas e frondosas sen que ningún deles sexa inferior ao 15%. Este documento virá acompañado dunha declaración responsable por parte do propietario do seu cumprimento.”

Os representantes de AFIL presentaron por igual aos tres grupos políticos esta proposta os días martes 2 e mércores 3 de decembro no Parlamento de Galicia e á conselleira de Medio Rural na Xunta de Galicia o mércores 3 de decembro.

A petición dos representantes de AFIL foi que os grupos políticos galegos atenderan a reclamación que se lles solicitaba dende os 40 concellos do interior de Lugo e a fixesen propia no debate das enmendas a Lei de Acompañamento dos Orzamentos que estaba previsto realizar este pasado martes na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos.

Consultado o letrado maior do Parlamento había dúas posibilidades para que a proposta de AFIL fose considerada neste período de enmendas.

1ª opción – Que a AFIL pasara o texto do artigo e pida os grupos políticos que dean a súa conformidade e voten por separado a ese artigo.

2ª opción – Exista concurrencia de acordo de, polo menos, dous grupos parlamentarios e o voto a favor dos grupos que acordaron esta transacción por outra enmenda presentada
.
Cando se tiveron as reunións antes citadas os días 2 e 3 de decembro acordouse cos tres grupos que se lles pediría resposta á petición de AFIL para que se tivera en conta a súa petición para a inclusión na sesión de enmendas do día 9 de decembro.

Durante os días 5,6,7 e 8 de decembro os representantes de AFIL estableceron de novo contacto cos representantes políticos dos grupos parlamentarios PP, PsdG- PSOE e BNG para coñecer a súa intención.

En canto ao resultado, dende AFIl aseguran que “co PSdG-PSOE ao longo dos días 5, 6 e 7 e a mañá do 8 houbo intensas comunicación nos cales parecía haber achegamento e apoio para a proposta de AFIL. O día 8 pola tarde houbo un corte na comunicación e unha falta de resposta total ás peticións realizadas e finalmente non apoiaron a proposta de AFIL”.

Respecto ao grupo do BNG recoñecen que “non houbo ningún tipo de resposta e finalmente non apoiaron a proposta”.

Por último, “co PP dende o día 5 houbo unha proposta de apoio documentada para levar á comisión de orzamentos as peticións completas de AFIL así como a súa vontade de acordo con calquera dos outros grupos. Finalmente non se puido levar a cabo pola necesidade de contar con outro grupo, tal e como se indicou”.

Finalmente, dende AFIL agradecer o esforzo neste proceso negociador de José María Arias (alcalde de Castroverde), de Pablo Figueiras (portavoz do PP en Castroverde) “e de moitas outras persoas anónimas que colaboraron para intentar que as xustas reinvindicacións de AFIL tiveran acollida nos representantes no Parlamento de Galicia”. “O camiño é longo pero imos na dirección correcta e saberemos acompañarnos”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información