A Asociación de Asesores Rurais de Galicia renova a súa directiva

ASESORES RURAIS ASOCIACIONA Asociación de Asesores Rurais de Galicia celebrou o pasado 6 de febreiro na Escola Politécnica do Campus de Lugo unha asemblea na que se procedeu a renovar a súa xunta reitora.

Desta maneira Antonio Bestard Rosselló asume a presidencia da entidade, dando relevo a Elena Piñeiro, que pasa a ocupar a vicepresidencia. A nova directiva complétase con Anisia Arias Vázquez, na secretaría; Luisa María Granja Domínguez, como tesoureira e como vogais foron elixidos Carlos Cuba Campello, Pablo Béjar González e Xabier Bruña García.

A dia de hoxe a Asociación de Asesores de Galicia conta con 84 socios, todos eles técnicos vinculados ao rural: Enxeñeiros Agrícolas e Agrónomos, Veterinarios, Enxeñeiros forestais e Biólogos. Técnicos que traballan nas oficinas de extensión agraria , na formación de xóvenes agricultores, en cooperativas, en sindicatos , en outras asociacións sectoriais y en gabinetes privados. Esta diversidade de socios permite que a asociación teña unha visión de conxunto do rural galego.

Liñas de traballo para 2026

Na reunión celebrada en Lugo tamén se aprobaron as liña sde traballo da asociación para este 2026, que pasan por:

-Mellorar a comunicación cos demais colectivos, e a administración para poñer en común a problemática que está a pasar o medio rural e ofrecer solucións .

-Intentar traballar coa Administración, facendo propostas de mellora, no proceso de xestión das axudas da Política Agrícola Común do período actual e futuro período, poñendo en valor o coñecemento directo que ten a asociación da problemática que supón a implantación das distintas lexislacións nas explotacións agrícolas e gandeiras de Galicia.

-Facer propostas ao Director Xeral de Gandeiria, Agricultura, e Industrias Agroalimentarias de como se poderían establecer as axudas para que o campo en Galicia siga modernizándose e que ningún sector quede fóra. O perfil técnico e a presenza que ten a asociación a pé das explotacións dálle unha visión xeral, sendo o nexo de unión entre os gandeiros e gandeiras, os agricultores agricultoras e a administración.

-Afondar na lexislación que entra en vigor no 2025-2027 como son o SIGE, Planes de abonado, Caderno dixital ….. Difundir esta información entre os asociados para que eles poidan compartilo coas persoas que asesoran.

-Traballar para fomentar a Incorporación de xente nova no rural, e a importancia de informarse con profesionais especialistas nas actividades nas que se pretende incorporar.

-Seguir insistindo en que se lle deixa á asociación participar no Consello Agrario Galego. “O noso coñecemento do campo e da lexislación permítenos dar unhas perspectiva máis amplía dos temas. Os colectivos que o integran son ou dunha parte ou da outra, polo que nós, inda que non teñamos voto, si que podemos ser uns bos asesores”, defenden.

-Seguir traballando para que as persoas asociadas estean ao día de toda a lexislación que se publica en Bruxelas, no Goberno de España e na Xunta de Galicia e que ten relación co medio rural. Para elo a Asociación Agraria de Galicia ten un equipo que manda cada tres días un resumo do publicado .

-Continuarase coa organización de cursos formativos para os asociados, “pois consideramos moi importante que os asesores do rural teñan unha formación contínua”.

-A Asociación de Asesores Rurais de Galicia vai participar en proxectos ou redes cos asesores de Portugal: AG PEPAC Região Autónoma dos Açores, Rede Nacional PAC e técnicos do Serviço de Desenvolvimento Agrário. Este programa ten como obxectivo promover o intercambio de experiencias entre as rexións de Galicia e Azores, fortalecendo os vínculos técnicos e culturais. Os obxectivos son compartir boas prácticas agrícolas, a promoción da innovación e a sustentabilidade e a apreciación cultural e integración das comunidades rurais.

Para poder financiar todos estes proxectos a Asociación de Asesores Rurais de Galicia vai contar cunha subvención nominativa da Área de Medio Rural e do Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información