A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A alimentación dos becerros mamóns: Puntos clave

A alimentación dos becerros mamóns: Puntos clave

Os lactoreemprazantes (LR) son unha ferramenta de uso común en becerros procedentes de explotacións leiteiras, mamóns lixeiros que chegan á explotación con 50-55 kg de peso vivo e alcanzan os 400-470 kg de peso vivo. Os leites maternizados constitúen o alimento base para a etapa de lactación até os 100-120 kg. Por iso, a elección do lactoreemprazante é unha decisión clave que determinará o correcto crecemento e a saúde destes animais, así como o seu correcto desenvolvemento e preparación para a fase de cebo desde os 120-470 kg.

Composición dos lactorreemprazantes

A composición dos lactorreemprazantes pode variar en canto a ingredientes e a nutrientes. A proteína pode cambiar entre un 18% e un 30%, pero non só é importante a súa calidade senón o tipo de proteína empregada. No mercado existen as de orixe láctea e as de orixe non láctea. O uso de leites cun alto contido de proteína láctea determina maiores ganancias de peso medio diario (GMD) pola súa maior dixestibilidade, Os prezos dos lactoreemprazantes con altos contidos de proteína vexetal son máis baixos, pero debe terse en conta a menor capacidade dos tenreiros para dixerir este tipo de proteína. Os niveis de graxa fluctúan entre o 18% e o 22%. Neste sentido, tamén existen diferenzas significativas no tipo de graxas utilizadas, sendo as de cadea media (como o aceite de coco) as máis convenientes a nivel dixestibilidade.

O sistema de produción de leite spray (Spray Drying ou Spray Cooling) incrementa significativamente a dixestibilidade dos lactoreemprazantes, así como tamén a súa capacidade de disolución e estabilidade en solución.

Manexo

Aínda que é moi importante a elección do produto correcto, non esquezamos que, na “arte” da cría de mamóns para o cebo, é moi importante levar a cabo un manexo exhaustivo de toda a fase de lactación, facendo fincapé en temas de calidade de encalostrado, agrupamentos (6-10 tenreiros), plan sanitario, limpeza de currais, etc. É moi importante definir un plan de subministración de leite, evitando períodos de subnutrición que incrementen o risco de padecer enfermidades por inmunosupresión. Do mesmo xeito, é importante non exceder unha concentración superior ao 15% deste que leve a problemas dixestivos.

A recomendación de concentración de lactoreemprazante é de 125 gramos por 1 litro de leite reconstituido. O animal debería inxerir aproximadamente entre 650-750 g/leite ao día no primeiro mes de lactación:

-Primeiro mes de lactación: dúas tomas (unha pola mañá e outra pola tarde).

-Seguintes dúas semanas: unha toma pola mañá.

 A mala calidade da auga pode desembocar en problemas secundarios

É importante destacar a dispoñibilidade de auga fresca en todo momento durante a fase de lactación. A calidade de auga a nivel microbiolóxico e fisicoquímico debe ser analizada de forma rutineira na entrada de cada partida de animais. É necesario pensar que un animal inxere 2,5 litros de auga por cada quilogramo de materia seca que inxere. A mala calidade da auga pode desembocar en problemas secundarios, como xa estamos afeitos a ver no noso labor diario.

Non esquezamos que o destino destes animais é o cebo; por iso, o obxectivo é promover unha maior superficie epitelial funcional garantindo unha correcta transición posdestete de cara ao período de cebo. O uso de fibra curta (< 2,5 cm.) desde os primeiros días de vida e a incorporación de starters con composicións equilibradas a base de soro de leite e de alta palatabilidade serán de gran axuda para conseguir animais fortes, sans e cun gran desenvolvemento ruminal a nivel de volume e superficie epitelial funcional, preparados para conseguir grandes conversións no período de cebo. Igualmente é importantísima a elección dun bo penso de iniciación e arranque que permita destetar aos animais coa maior rapidez posible e, con iso, aumentar a rendibilidade do cebo.

Puntos críticos

En canto aos puntos críticos na crianza dos animais, adquiren gran importancia a hixiene e a desinfección dos currais, facendo valer o sistema “todo dentro, todo fóra”, así como a limpeza de todos os utensilios, sobre todo os cubos e as tetinas. O deseño dun plan vacunal á entrada dos animais é clave para previr problemas respiratorios e dixestivos, así como a monitorización laboratorial dos mesmos.

Plan Kovital para o cebo de becerros

BECERRO DE HEUS_bacilactol kovital 2

Por iso, De Heus Nutrición Animal desenvolveu o Plan Kovital para o cebo de becerros:

-Bacilactol Absolut: Sustitutivo lácteo para tenreiros, formulado con materias primas de alta calidade que garanten unha excelente palatabilidade e unha elevada dixestibilidade.

Fabricado con tecnoloxía Spray Cooling, que mellora a dixestibilidade da graxa. Excelente solubilidade e estabilidade en solución.

-Kovital Iniciación mamóns: Pre-starter de alta calidade en base a soro de leite para etapas temperás da lactación. Fomenta o consumo de penso.

-Kovital Arranque: Contén fermento vivo que favorece o crecemento e desenvolvemento das papilas do rume, mellorando a absorción de nutrientes, o que dará lugar a mellores ganancias de peso durante o cebo.

-Kovital Cebo e Acabado becerros: Altas conversións con máxima seguridade dixestiva.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *