“A agricultura é o único sector da actividade humana capaz de secuestrar carbono”

O catedrático emérito Luis López Bellido afonda sobre o potencial da agricultura para a mitigar o cambio climático co secuestro de carbono. Recompilamos algunhas das prácticas agrícolas recomendadas para conseguir esa redución ou secuestro de carbono

Publicidade
“A agricultura é o único sector da actividade humana capaz de secuestrar carbono”

Vista aérea do proxecto Magalón sobre a agricultura de carbono.

“O secuestro de carbono é un dos grandes aliados da agricultura para que esta ocupe o lugar que se merece na nosa sociedades e se valorese a súa contribución”, reafirma Luis López Bellido, catedrático emérito de Agronomía na Universidade de Córdoba e un dos maiores expertos a nivel estatal sobre a mitigación do cambio climático, durante a celebración dun foro no que se abordou o papel da agricultura como sumidoiro de carbono.

Ademais, o experto deixa claro que aínda que se ten dito que a agricultura é unha actividade que emite un gran impacto ambiental debido ás emisións de carbono que provoca, a agricultura emite un 12% das emisións globais. Á vez que a agricultura, fronte a outras actividades, ten directamente a capacidade de absorber ou remover carbono da atmosfera.

Á hora de falar do potencial da agricultura no secuestro e mitigación do carbono, López Bellido, insiste na importancia de cuantificar dunha forma rigorosa esta redución, para así ter en conta como se merece a agricultura nas oportunidades que abre tamén o secuestro de carbono, de maneira que a súa pegada pase a ser positiva. “A agricultura é o único sector da actividade humana que é capaz de secuestrar carbono”, reivindica o experto.

A agricultura é o único sector da actividade humana capaz de secuestrar carbono. Estímase que permite o secuestro de 0,8 toneladas de carbono por hectárea ao ano

Así, a nivel mundial estímase que a agricultura permite o secuestro de 0,8 toneladas de carbono por hectárea ao ano. “Tendo en conta as miles de hectáreas que se dedican á agricultura no planeta, ponse de manifesto o gran potencial da agricultura fronte ao cambio climático”, valora o experto.

O carbono no solo, a clave

O potencial que teñen os solos no secuestro de carbono resulta clave. O chan retén dúas veces máis carbono que a atmosfera ou a vexetación, de aí a súa importancia. “O secuestro de carbono por parte da agricultura é un dos máis importantes debido ao carbono que está no solo fronte a outras actividades que a pesar de secuestrar carbono dunha maneira máis ambigua, estano xa reivindicando”, explica López Bellido.

“O arado de vertedeira é unha ferramenta que debería estar xa nos museos e deixar de utilizarse polo impacto que ten esta práctica para manter o carbono nos chans”

Ademais, Bellido insiste en que nos últimos anos esa presenza de carbono orgánico nos chans pasouse moi por alto, realizándose prácticas que van en contra do secuestro de carbono, como a queima de restrollos ou o arado da terra. “O arado de vertedeira é unha ferramenta que debería estar xa nos museos e deixar de utilizarse polo impacto que ten esta práctica para manter o carbono nos chans”, explica López Bellido.

Prácticas agrícolas para o secuestro e redución do carbono

Hai distintas estratexias que contribúen á conversión dos chans agrícolas nun importante sumidoiro de carbono atmosférico, conseguindo tanto unha redución de emisións como o seu secuestro.

Así, para lograr reducir as emisións algunhas das prácticas máis efectivas son:

– Eliminar a laboreo e adoptar unha agricultura de conservación. “Búscase unha mínima perturbación do chan”, indica López Bellido.

-Débese realizar un manexo integrado dos nutrientes. O experto avoga por ter moi en conta a presenza de carbono na fertilización dos chans. “Ao falar de nutrientes non se debería de falar só de NPK (Nitróxeno, Fósforo e Potasio) senón que se debería de utilizarse CNPK xa que o Carbono interactúa cos demais”, detalla.

-Incorporar prácticas de agricultura de precisión.

Mentres, para lograr un secuestro de emisións débese recorrer a prácticas como:

-Utilizar mulch de residuos e outros biosólidos.

-Adoptar rotacións complexas con cultivos de cobertera e agrosilvicultura. Trátase de planificar unha rotación con cultivos que teñan distintas fisioloxías e desenvolvemento aéreo e radicular que poidan favorecer esa conservación de carbono.

“Búscase fuxir do monocultivo, aínda que moitas veces estas prácticas poden resultar difíciles de incorporar por parte dos agricultores, xa que se non se logra unha rendibilidade económica tenden a optar polo monocultivo”, apunta.

-Conservar o chan, a auga, os nutrientes e a enerxía.

Ademais destas prácticas, López Bellido lembra o papel destacado que xogan os cultivos perennes no secuestro de carbono, así como o manexo integrado do Nitróxeno, as pragas e enfermidades ou a auga. “Todo o manexo que se fai no cultivo é fundamental para o secuestro e a mitigación do carbono”, explica o experto.

Deste xeito, desde o manexo de residuos, o laboreo de precisión, o cultivo de cobertura, a eficiencia das micorrizas, a formulación de liberación lenta, o manexo de chans específicos son prácticas a ter en conta para o secuestro de carbono.

O cálculo da pegada de carbono

A pegada de carbono está a converterse xa nunha información de utilidade e valorada tamén polos consumidores. “En Países como Reino Unido está a incorporarse un selo coa pegada de carbono nos seus alimentos”, apunta López Bellido. Así, o consumidor coñece o impacto que xera producir ese produto ou os esforzos que fixeron para reducila.

Á hora de realizar o cálculo da pegada de carbono na agricultura, López Bellido incide en que este cálculo debe realizarse de forma rigorosa. Así, o fluxo neto do carbono é o resultado do Carbono acumulado na biomasa aérea e radicular sumando tamén o secuestro de carbono do chan. Pero ademais, é preciso restar as emisións de carbono das operacións de cultivo para obter un cálculo preciso e fiel.

Experiencias sobre o cálculo de agricultura de carbono

Aínda que a agricultura de carbono está máis de actualidade nos últimos anos, López Bellido lembra que levan moitos anos traballando xa nestas cuestións, como pon de relevancia por exemplo o Caso Malagón, un experimento icónico realizado na Campiña de Córdoba durante 20 anos desde 1986 a 2006 no que observaron o impacto do manexo na agricultura de carbono.

Así, nesta leira de chan vertisol e na que se contabilizaban 400 parcelas estiveron traballando con dous sistemas: non laboreo e laboreo convencional con vertedeira. Realizaron unha rotación de cultivos bianual de trigo- fabas, trigo-garavanzos, trigo-xirasol e trigo-barbeito. Ademais, a achega de Nitróxeno realizouse no cultivo do trigo e foi de 0, 50, 100 e 150 quilos de nitróxeno por hectárea.

Ademais, tomaron mostras a 90 centímetros fraccionadas nos horizontes 0-30, 30-60 e 60-90 centímetros. “O carbono non está só nos primeiros 30 centímetros, senón que está moito máis profundo, por iso é polo que tomamos mostras ata os 90 centímetros de profundidade ou que noutros estudos realizados en plantacións de oliveira chéguese mesmo a arrincar unha oliveira para establecer un cálculo o máis exhaustivo posible”, explica o experto.

O experimento evidencia como o non laboreo permite un maior secuestro de carbono, de tal maneira que entre os diferentes cultivos obtense unha media de balance de 1,15 toneladas de carbono por hectárea ao ano. Ademais, a rotación de trigo-fabas é a que maior secuestro permite, chegando a 1,39 t/ha/ano. Mentres, no caso do laboreo convencional o balance é inferior, quedándose de media en 0,81 t/ha/ano.

Balance de carbono de las diferentes rotaciones de cultivo según el sistema de laboreo en el experimento Malagón.

Balance de carbono das diferentes rotacións de cultivo segundo o sistema de laboreo no experimento Malagón.

Outro dos estudos destacados sobre a agricultura de carbono é o proxecto Carbosiega, realizado en Cádiz, Córdoba, Xaén e Sevilla e que abarcaban unha superficie total de 1.232 hectáreas de oliveirais. Ademais, contaban con unidades homoxéneas de cultivo e diferentes variedades como Picual, Arbequina, Hojiblanca ou Picudo, entre outras.

Estas plantacións tamén se atopaban en modelos superintensivos, intensivo e tradicional, así como en regadío e secaño. “Desta maneira tiñamos unha mostra ao longo de todo Andalucía real e suficientemente grande como para abordar o secuestro de carbono que ofrece este tipo de cultivo”, explica o experto.

Neste estudo o carbono orgánico do chan das parcelas do oliveiral permitiu comprobar as variacións de secuestro de carbono en función do tipo de plantación. O modelo convencional proporciona un secuestro de 462 quilos por hectárea ao ano, mentres en canto se escala cara a un modelo máis intensivo, con maior densidade de árbores, lógrase un secuestro maior chegando ao 2.138 kg/ha/ano ou mesmo a 4.258 kg/ha/ano de carbono secuestrado nos modelos superintensivos cunha media de 3.000 árbores por hectárea.

Balance e pegada de carbono segundo diferentes densidades de plantación de oliveiral.

Balance e pegada de carbono segundo diferentes densidades de plantación de oliveiral.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información