Axudas para a adquisición de maquinaria en común

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioG0165-060315-0004_gl.html

Prazo: Ata 16/04/2015

Resumo:

Convócanse para o exercicio orzamentario 2015, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. A partida orzamentaria disponible é de 4 millóns de euros.

Beneficiarios:
a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (en diante CUMA), as sociedades agrarias de transformación (en diante SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade: as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendentes superiores ao 15 % e asociacións de faba e castaña.

b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.

Investimentos subvencionables
a) Adquisición de maquinaria agrícola nova.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Contía económica das axudas
A intensidade máxima de axuda non superará o 40 % do investimento auxiliable, agás se a entidade está nunha zona desfavorecida ou de montaña, caso en que a axuda poderá acadar o 50 % do investimento auxiliable.

Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 500 € de subvención.

O investimento máximo elixible será de 500.000 €.

Naqueles caso en que unha cooperativa solicitante proceda da fusión de dúas o máis cooperativas realizada nos dous anos anteriores á data de solicitude, o investimento máximo elixible incrementarase ata os 650.000 €.

Os investimentos xustificaranse ata o 15 de setembro de 2015, inclusive.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *