O Ministerio rectifica para que o “catastrazo” non prexudique as becas dos fillos de gandeiros

O Ministerio rectifica para que o “catastrazo” non prexudique as becas dos fillos de gandeiros

Paisaxe rural da Baña

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de realizar unha modificación dos limiares de renda familiar para que o proceso de revisión da valoración catastral de instalacións para uso agrícola e gandeiro, o popularmente coñecido como “catastrazo”, non penalice aos fillos e fillas de gandeiros á hora de acceder a bolsas de estudos do Ministerio.

Así, o Consello de Ministros aprobou este venres o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016-2017.

En canto aos efectos do “catastrazo”, desde o Ministerio destacan que “atendeuse a preocupación dos estudantes do medio rural que temían unha posible perda do dereito á obtención da bolsa consecuencia dos cambios de valoración catastral que se produciron neste medio”. Para iso adaptáronse os limiares de patrimonio familiar.

En esencia, axústanse as contías en relación ao novo valor catastral das denominadas “construcións indispensables” tales como almacéns, naves, celeiros, etc., edificadas en fincas rústicas. Este novo valor repercute no valor total da finca de maneira que este podería chegar a exceder do limiar máximo establecido para a concesión de bolsa, coa eventual perda do dereito á obtención da mesma.

Texto da modificación:

Desta forma, a modificación publicada este luns no BOE establece que “denegaranse as bolsas ou axudas ao estudo solicitadas para o curso 2016-2017 cando se superen os limiares indicativos de patrimonio familiar que se fixan a continuación:

b) A suma dos valores catastrais das construcións situadas en fincas rústicas, excluído o valor catastral da construción que constitúa a vivenda habitual da familia, non poderá superar os 42.900 euros, sendo aplicables ás devanditas construcións os coeficientes multiplicadores, en función do ano en que se efectuou a última revisión catastral, que se establecen no apartado a) anterior.

a) (…..)En caso de inmobles nos que a data de efecto da última revisión catastral estivese comprendida entre o 1 de xaneiro de 1990 e o 31 de decembro de 2002 multiplicaranse os valores catastrais por 0,49. No caso de que a data da mencionada revisión fose posterior ao 31 de decembro de 2002, os valores catastrais multiplicaranse polos coeficientes seguintes:
Por 0,43 os revisados en 2003.
Por 0,37 os revisados en 2004.
Por 0,30 os revisados en 2005.
Por 0,26 os revisados en 2006.
Por 0,25 os revisados en 2007.
Por 0,25 os revisados en 2008.
Por 0,26 os revisados en 2009.
Por 0,28 os revisados en 2010.
Por 0,30 os revisados en 2011.
Por 0,32 os revisados en 2012.
Por 0,34 os revisados en 2013.
Por 0,36 os revisados en 2014.
Por 0,36 os revisados en 2015.

c) A suma dos valores catastrais das fincas rústicas excluídos os valores catastrais das construcións que pertenzan aos membros computables da familia non poderá superar 13.130 euros por cada membro computable

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información