Convócanse as axudas para paliar os danos do xabarín nos cultivos

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería de Medioambiente

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160715/AnuncioG0422-040716-0009_gl.html

Prazo: Ata 10/10/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pola que convoca para este ano as axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.

Os beneficiarios serán toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación onde se constatasen danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Compensaranse os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016. O importe total da convocatoria é de 600.000 euros. O importe das axudas por metro cadrado, segundo o tipo de cultivo, figura no anexo I da orde. En todo caso, o importe máximo por persoa beneficiaria e ano será de 1.500 euros, aínda que os danos excedan este importe.

En canto ao prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Por último informar de que comunicarase o dano no prazo máximo dos tres días seguintes a aquel en que se produciu, chamando ao teléfono 012 das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *