Comezo da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro

Medio Rural liberou xa un total de 10.000 exemplares de 'Torymus sinensis', o parásito da praga, no marco dun plan de soltas experimental autorizado polo Ministerio

Comezo da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro

A avespiña pode ocasionar serias perdas nos castiñeiros.

A Consellería do Medio Rural está a intensificar a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro a través da solta experimental de parasitos deste insecto, que afecta ós cultivos e provoca perdas na produción de castañas. A conselleira, Ángeles Vázquez, desprazouse onte a Toén (Ourense) para comprobar os traballos de solta do ‘Torymus sinensis’, o parásito da avespiña do castiñeiro.

Medio Rural fixo efectiva a solta na última semana de 450 viais do parásito, cada un deles cun mínimo de 20 femias e 12 machos, o que representa un total de 10.000 exemplares de ‘Torymus sinensis’.

As soltas estanse a facer nas provincias de Lugo e de Ourense. Precisamente é Ourense a provincia na que se detectou unha maior incidencia da avespiña do castiñeiro. A loita biolóxica enmárcase dentro dun plan experimental autorizado polo Ministerio de Agricultura.

Bugallos da avespa do castiñeiro nunha folla e nun amento. / Imaxe: Areeiro.

Bugallos da avespa do castiñeiro nunha folla e nun amento. / Imaxe: Areeiro.

Produción de castañas
Se a loita biolóxica se demostra eficaz e non se detectan problemas colaterais, agárdase que a solta de párasitos da praga se intensifique en próximas campañas, xa que é considerado o único método eficaz para combatir a avespiña a gran escala. A praga causou anos atrás serias perdas na produción de castaña en Italia, polo que a súa chegada a Galicia preocupa no sector.

Galicia é a principal comunidade autónoma de España en produción e exportación de castañas. Na última campaña superáronse os 20 millóns de quilogramos, que se traducen nun valor estimado xerado que supera os 100 millóns de euros, segundo as estimacións da Xunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información