Renovación da dirección do Sindicato Labrego

A organización agraria celebrou en Lugo o seu IX Congreso, do que saiu a nova Executiva que seguirá encabezada por Isabel Vilalba

Renovación da dirección do Sindicato Labrego

Imaxe da nova dirección do Sindicato Labrego. / Imaxe: SLG.

O Sindicato Labrego Galego conformou a súa nova Dirección Nacional para os próximos catro anos, un órgano no que estarán presentes máis de medio cento de persoas das diversas comarcas e sectores produtivos. A renovación produciuse durante o IX Congreso, celebrado en Lugo, do que saiu tamén a nova Executiva, encabezada por Isabel Vilalba, que xestionará o día a día da formación.

A lista de integrantes da Executiva complétana Daniel Rodicio (sector cunícola, A Bola), María Ferreiro (sector lácteo, Teixeiro), Mariano Pazos (sector lácteo, A Baña), Miguel Anxo Méndez (horta ecolóxica, Vedra), Ana Eiras (sector lácteo e hortícola en ecolóxico, Rois), Xosé Lois Varela Carreira (carne de vacún ecolóxica, Palas de Rei), Concepción Docampo Sanromán (horta e froita ecolóxica, Vedra), Loreto Hernáez Oubiña (froita e horta ecolóxica, Porto do Son) e Adolfo Cabarcos Saavedra (vacún de carne e vocal na IXP Tenreira Galega, Xermade).

O IX Congreso do Sindicato Labrego celebrouse en Lugo a pasada fin de semana baixo o lema ‘Terra, prezos dignos e soberanía alimentaria’, que condensa as principais demandas que marcan o traballo da organización.

Cambios estatutarios
Durante o evento, a afiliación votou favorablemente a varios cambios estatutarios dirixidos a dinamizar o traballo sindical, como foron a creación dun Encontro Anual, que servirá para analizar o desenvolvemento e cumprimento dos comprimisos e obxectivos dos plans de traballo aprobados nos congresos; e a creación dunha Secretaría de Mocidade e outra de Agroecoloxía para dar corpo institucional a dúas áreas ás que o SLG quere dotar de forza e protagonismo.

O Congreso, que contou coa participación de Miguel Blanco (COAG), pechouse cunha homenaxe a un histórico afiliado que foi un dos fundadores do Sindicato Labrego, Cándido Iglesias Turnes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información